O aumento en ingresos logrouse, en gran parte, grazas a unha xestión activa de captación de subvencións doutras administracións, o que permite o gasto controlado sen a perda de calidade nos servizos públicos
Ortigueira, 30 de outubro de 2024. O goberno local de Ortigueira aprobou hoxe no pleno -celebrado ás 9:00 horas- os resultados económicos do exercicio 2023, nos que destaca un notable superávit que apoia a xestión financeira e administrativa realizada polo equipo liderado polo actual rexedor, Valentín Calvín. Cun resultado neto do exercicio de 1.159.230,26 euros, o balance final reflicte un ano de estabilidade e prudencia no uso dos recursos públicos.
O aumento nos ingresos, que ascenden a un total de 8.214.580,85 euros (máis dun millón de euros máis que no último exercicio), logrouse en gran parte grazas a unha xestión activa de captación de subvencións, que supuxeron un incremento na achega para gastos e transferencias ata alcanzar os 4.926.522,46 euros, un avance importante respecto ao ano anterior. Cabe destacar que o aumento na recadación de impostos e taxas apenas creceu respecto ao 2022.
“Nuestra administración ha demostrado que es posible avanzar hacia una Ortigueira más próspera y con mayor estabilidad financiera. Estos resultados son el reflejo de un compromiso claro con la responsabilidad y el desarrollo sostenible de nuestro municipio, dejando atrás años de dispendio y descontrol a nivel económico”, afirmou o alcalde Valentín Calvín. “Es un logro de todos los vecinos y vecinas, y del equipo que trabaja día a día para gestionar cada recurso de forma eficiente”.
En canto aos gastos, a contención e optimización foron clave, situándose en 7.265.194,44 euros, un incremento controlado respecto a 2022. Os principais rubros foron os gastos de persoal, que ascenden a 3.482.951,64 euros, e as subministracións e servizos, que se cubriron cun gasto de 3.654.157,86 euros. En contraste, os gastos financeiros foron mínimos, con apenas 17.057,92 euros destinados a este concepto.
O superávit permite ao Concello de Ortigueira planificar con confianza os investimentos futuros, mantendo unha situación financeira sólida e sostible que responde as necesidades da comunidade e que cumpre coas promesas de prudencia financeira do equipo de goberno. Con este resultado positivo, o Concello reafirma o seu compromiso coa transparencia e a boa administración, á vez que contribúe ao desenvolvemento e benestar de todos os habitantes de Ortigueira.
“El futuro de Ortigueira se construye cada día, y estos resultados económicos nos permiten mirar hacia adelante con optimismo, manteniendo los principios de prudencia y buena gestión que nos han llevado hasta aquí”, concluiu o alcalde Calvín.





















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



