O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo compareceu este martes xunto á Secretaria de Organización do partido e a Alcaldesa de Lugo para expresar a súa decepción ante as Contas para o vindeiro exercicio
Lugo, 29 de outubro de 2024. O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, compareceu este martes pola tarde xunto coa Secretaria de Organización do PSdeG na provincia, Pilar García Porto, e a Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos Fondo, para expresar o descontento do partido ante os Orzamentos da Xunta de Galicia para 2025 para a provincia de Lugo.
Tomé Roca afirmou que os orzamentos son “repetitivos, decepcionantes e afastados das necesidades reais da nosa provincia”, ao mesmo tempo que denunciou que parecen “responder aos intereses do Partido Popular e de Alfonso Rueda, pero non ás prioridades e demandas da veciñanza de Lugo”. Na súa intervención, sinalou que estes orzamentos mostran “unha xestión estancada, sen innovación e carente de ideas” para afrontar os retos urxentes en sanidade, educación, infraestrutura e revitalización do rural.
Pola súa banda, a Alcaldesa apuntou que no seu Concello hai moitos exemplos de infraestruturas que non se executan, como a Ronda Leste ou Plan Paradai, pero hai moitas partidas que “non son concretos, a Xunta vai desmenuzando segundo o interese informativo nos medios de comunicación, pero sen poñer nomes e apelidos”. Tamén bota en falta o Museo da Romanización, “hai un compromiso incumprido por parte da Xunta de Galicia, nós dende o Concello cumprimos, polo que hai unha falta de palabra constante e permanente”. O mesmo aconteceu coa rexeneración cos barrios da Milagrosa e Padre Feijóo, “sen partidas, como pasa con proxectos programados como o saneamento de Esperante, que a Xunta dixo que poñía o 70% e o Concello o 30%, pero só vemos 50.000€, insuficiente”, afirmou.
En canto ás infraestruturas, Tomé Roca destacou a paralización crónica de múltiples infraestruturas clave para a provincia de Lugo, proxectos que aparecen ano tras ano nos orzamentos sen que haxa avances reais e cuxo estancamento afecta gravemente ao desenvolvemento da provincia. Entre eles, mencionou a Ronda Leste de Lugo, que leva anos orzamentada sen que se teña construído “nin un só metro de obra”, a pesar dos 5 millóns de euros incluídos para 2025, un importe que, segundo Tomé, “sabemos que non se gastará, pois aínda faltan trámites esenciais como o estudo de impacto ambiental e o proxecto construtivo”.
Outra das infraestruturas que cualificou de “eternamente prometidas” é o acceso ao Porto Seco de Monforte de Lemos, para o que se destinan, unha vez máis, 500.000 euros simbólicos que, segundo o Secretario Xeral, “nunca chegan a executarse e mantéñense no papel como outra promesa sen cumprir”. Tamén criticou o estancamento da VAC Costa Norte, o corredor Nadela-Monforte, e o Plan Paradai, proxectos repetidamente incluídos nos orzamentos pero que non avanzan.
En relación coas estradas, Tomé Roca resaltou a situación da LU-651, que conecta Quiroga con Seoane do Courel, onde a Xunta asigna os mesmos 3 millóns de euros que o ano pasado sen que se teñan iniciado as obras, que, segundo el, “foron postergadas un ano máis, converténdose noutra decepción para a provincia”.
Por último, mencionou a partida de 6,1 millóns de euros para a Estación Intermodal de Lugo, a cal se presenta como o “gran logro do Partido Popular”, pero que, segundo Tomé, “non deixa de ser un deber pendente, dado o esforzo histórico do Goberno do Estado para traer a Alta Velocidade a Lugo”. Subliñou tamén que este impulso responde ao traballo dos socialistas, “que rescatamos esta obra do abandono no que a deixara o Goberno de Rajoy”.
Denunciou que estas infraestruturas, que poderían ter un impacto transformador para a provincia, continúan sen execución, convertendo os orzamentos da Xunta en “unha lista de promesas incumpridas que frean directamente as oportunidades de crecemento económico e social de Lugo”.
Tomé Roca tamén criticou a falta de equidade no reparto dos recursos, recordando que só un 36% dos concellos de Lugo recibirán atención orzamentaria, o que, segundo el, “non responde ás necesidades reais da provincia, senón a un uso partidista dos recursos públicos”.
A Alcaldesa botou en falta as conexións do polígono das Gándaras coa autovía A-6, “ten que metelo o Presidente da Xunta no Plan Sectorial para que o Concello poida facer a modificación do PXOM e nada vemos nese sentido”. Así mesmo, sobre este asunto, fíxose eco da escola infantil que reivindicaban os empresarios dos polígonos do Ceao e as Gándaras “que non aparecen nos Orzamentos para o vindeiro ano, tal e como eu mesma falara con Rueda nun encontro de traballo que tivemos”.
Sanidade e servizos sociais
O Secretario Xeral tamén alertou da escaseza de investimento en sanidade e servizos sociais, onde lamenta que o gasto de persoal sexa considerado “investimento”. Mentres tanto, a realidade nos centros de saúde é de “escaseza de médicos, listas de espera interminables e falta de pediatras e especialistas”. En canto á atención ás persoas maiores, denunciou que a Xunta non abriu ningunha residencia pública en Lugo en quince anos, mentres que a Deputación de Lugo leva inauguradas seis en catro anos, e conta cunha rede de 9 centros en funcionamento.
Alvarellos tamén puxo o foco nas competencias impropias que asumen os Concellos, como o caso do Servizo de Axuda no Fogar, onde a Xunta debería implicarse máis, dixo. “Eu invítovos e vós pagades e os Concellos estámolo pasando realmente mal, non asumen as competencias”, afirmou.
O PSdeG tamén expresou preocupación pola falta de investimento en vivenda pública e pola situación precaria do sistema educativo, onde o agrupamento de alumnos e alumnas en centros rurais está afectando gravemente a calidade educativa. A pesar das necesidades, segundo Tomé Roca, “a Xunta soamente inviste en vivenda pública obrigada polos fondos europeos, non por convicción”.
Reunión con Rueda
Na súa intervención, José Tomé Roca referiuse á recente reunión que mantivo co Presidente da Xunta de Galicia, onde abordaron cuestións urxentes para a provincia de Lugo. Segundo explicou, o Presidente comprometeuse a avanzar en proxectos clave, como a autovía Nadela-Monforte, o Plan Industrial para Galicia ou a devolución aos concellos do 50% do canon da auga para obras de saneamento e abastecemento. Non obstante, estes compromisos non se reflicten nos orzamentos para 2025, deixando a Lugo sen os investimentos prometidos e adiando unha vez máis actuacións esenciais para o seu desenvolvemento e o benestar da súa veciñanza.
Tomé Roca pediu “orzamentos que respondan ás necesidades reais da nosa provincia, melloren as infraestruturas, fortalezcan os servizos públicos e aposten polo benestar da nosa xente”. O PSdeG comprométese a seguir traballando por uns orzamentos máis xustos e eficaces para Lugo e Galicia enteira.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



