Criticar por criticar e desacreditar o traballo que fai este goberno é o único ó que dedica o seu tempo o Bng. Durante un ano e catro meses tivemos a capacidade de xestionar moito orzamento, pero tamén de eliminar dous créditos. O primeiro, cando chegamos, unha cantidade algo superior a 100.000€ e agora o que sacaron para a Residencia Hospital Asilo de 950.000€. Tivemos a capacidade de xestionar 700.000€ co que puidemos eliminar este crédito.
Isto, lévanos a ter capacidade de poder sacar un novo crédito para poder investir. Non o dicimos nós, intervención e técnicos do Concello así o consideran tamén.
¿Cómo pode o Bng votar en contra? ¿cómo se pode votar en contra de investir en instalacións deportivas? Chove máis dentro que fora dende hai anos e non deron ningunha solución definitiva. ¿A qué debemos esperar? A ver se no medio da choiva cae algún billete?Hai que traballar e HAI QUE TOMAR DECISIÓNS, facer proxectos para posibles convenios.
En infraestruturas, máis do mesmo. Non se pode criticar que hai fochancas, que as hai, e votar en contra do seu arranxo. Durante vinte anos houbo unha ralentización de programación e de inversión TOTAL e ABSOLUTA. Critican as fochancas e o estado dos edificios que eles mesmos deixaron abandonados e votan en contra, sen ningún tipo de pudor, de solucións para o arranxo do pavillón e doutras instalacións deportivas, auditorio, Praza de Abastos. “Esixen” o campo de herba artificial que prometeron no seu programa en varias ocasións e que non foron capaces de cumprir, de rúas que literalmente dan pena como Alza-San Lázaro, Barrio da Torre, aceras de rúa Villalba, Travesía da Paz, Rúa Reinante ou Rúa San Francisco, que foron tan ben feitas que estando aínda en obra, recordemos, houbo que levantar todo porque non ía ben… bueno nin ía nin foi… aí está o resultado!!
Tivemos a capacidade de xestionar para amortizar crédito. Entendemos que o Bng non foi capaz porque ante a negatividade de xestionar coas administracións, dando pena e esperando soamente limosnas da Deputación, é imposible…
Nós non viñemos para dar pena nin para victimizarnos. Nós temos a capacidade de xestionar porque entendemos que para mellorar Ribadeo hai que investir, e temos que ter esa capacidade de inversión sen ter que ir a outras partidas como a da luz ou a do combustible, que despois pasa o que lle pasou ó Bng no último mandato… que lle cortaron o suministro…
Pero, ¿a quén pretenden enganar? Nós vamos seguir neste ritmo constante de traballo, xestionando para seguir investindo. Somos o goberno que máis inversión está tendo da Mariña. Ribadeo está activo. Ribadeo está transformándose, mentres o Bng desacredita o traballo e a inversión… ALÁ ELES!!
Nós ó noso, traballando arreo e defendendo os intereses de Ribadeo e dos nosos veciños.



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



