Burela, 25 de xullo, 2026. Alán Álvarez Añón (Santiago de Compostela, 2003) renovou co Reyco Burela FS para a vindeira tempada. Será a segunda campaña do ala compostelán, que volverá defender o dorsal 4 na Mariña. “Seguir en Burela é unha alegría enorme por continuar ligado a un club referente neste deporte e por seguir nunha vila que tan ben me acolleu e na que me sinto como na casa”, sinalou o xogador laranxa.
O equipo de Juanma Marrube continúa tomando forma paso a paso, sustentado nas renovacións de Pitero, Izan, Raid e agora Alán, ademais da incorporación do meta hispano-brasileiro João Victor. Nos próximos días iranse coñecendo máis fichaxes dun proxecto no que o ala confía plenamente: “Vexo un equipo con xuventude pero con experiencia de sobra e moitas ganas de axudar ao colectivo, que é o máis importante. Temos unha base sólida do ano pasado que complementaremos coa xente que veña”.
Para Alán, a clave estará na actitude do vestiario: “O mellor e o punto forte do proxecto vai ser a ilusión dos xogadores. Creo que iso vai poder con todo”, asegurou, coa espontaneidade e vitalidade que o caracterizan. O compostelán tamén enviou unha mensaxe á afección laranxa: “Animo á afección a seguir un ano máis con nós e a disfrutar sufrindo, que é como mellor saben as cousas. Necesitámolos máis ca nunca”.






















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.

