“Desde o BNG solicitamos a convocatoria urxente da Deputación Permanente para que a Xunta de Galiza dea explicacións das medidas que vai adoptar para garantir o mantemento dos postos de traballo e da actividade industrial na factoría de San Cibrao” explicou Olalla Rodil
Lugo a 23 de xaneiro de 2024. A candidata do BNG, Olalla Rodil, lembrou que “a empresa estadounidense acordou coas traballadoras e traballadores rearrancaría 32 cubas de electrólise a partir de xaneiro para culminar co acendido das 512 da factoría no outono de 2025 e acaba de comunicar ao comité de empresa que apraza ese compromiso despois de adiar xa o investimento no forno de anódos que tampouco fixo. O BNG resalta que “unha empresa multinacional non pode ningunear un goberno e Alcoa leva moitos anos ameazando o futuro industrial da Mariña, de Lugo e de Galiza”.
“Cómpre lembrar que a planta de aluminio de San Cribrao é a única de todo o estado, dá emprego a máis de 500 persoas e representa ⅓ do PIB da provincia. Nin A Mariña, nin Lugo nin Galiza pode perder unha industria desta embergadura” dixo Rodil e engadiu “oor iso desde o BNG insistimos en que a Xunta de Galiza debe porse ao frente, exercer as súas competencias en materia industrial e demandar, tanto da empresa como do Goberno central, o cumprimento dos acordos asinados por Alcoa en San Cibrao, o mantemento da actividade industrial e, por suposto, dos postos de traballo”.
O BNG considera é hora de que os gobernos, galego e español, busquen unha solución definitiva ao futuro da produción de aluminio en Galiza e acaben con esta lenta agonía que levan soportando tantos anos os traballadores e traballadoras de Alcoa e o conxunto da comarca. Desde o BNG queremos reiterar o noso compromiso firme co mantemento da produción de aluminio en San Cibrao e cos postos de traballo en Alcoa e por iso insistimos en que, se o BNG goberna a Xunta de Galiza a partir das eleccións do 18 de febreiro, esixiremos á empresa o cumprimento dos investimentos e impulsaremos, se é necesaria, a intervención pública da fábrica para garantir a súa continuidade. “Galiza debe gañar músculo industrial, non perder o pouco que lle queda” sentenciou Olalla Rodil que mantivo no día de onte unha xuntanza co comité de empresa, xunto ao representante do BNG no congreso Nestor Rego.
























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



