O Concello de Barreiros fai entrega dunha doazón solidaria á Asociación Saúde Mental A Mariña
Barreiros, 23 de xaneiro de 2024. A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, fixo entrega dos 474€ recadados polo Concello de Barreiros durante a celebración da Carreira e Andaina Solidaria de Reis que tivo lugar o pasado 7 de xaneiro en San Cosme de Barreiros á Asociación Saúde Mental A Mariña.
“Queremos agradecer a humanidade e a inestimable labor que a Asociación Saúde Mental A Mariña está brindando ás persoas con enfermidade mental persistente para lograr a súa rehabilitación, así como ás súas familias. No día hoxe, facemos con moito gusto, a entrega do aporte solidario recadado durante a andaina e a carreira Solidaria de Reis que organizamos desde o Concello de Barreiros.”, sinalou Ana Ermida durante a entrega do cheque á Asociación Saúde mental a Mariña.
Ermida apunta tamén que, “Levamos varios anos colaborando de maneira estreita con esta asociación en varios proxectos e, nesta mañá, aparte de recibir a doazón, a asociación Saúde Mental A Mariña presentounos o proxecto de Mentalización e Sensibilización en Saúde Mental co que, dende o Concello de Barreiros colaboraremos”.
A alcaldesa agradece a boa acollida que están a ter estes eventos solidarios. “Quero dar as grazas ás preto de 300 persoas que se sumaron o pasado 7 de xaneiro no evento solidario e se achegaron a Barreiros para practicar deporte e apoiar unha boa causa”.
Esta proba deportiva está enmarcada no circuíto de carreiras populares que organiza o Concello de Barreiros +KmsBarreiros e que trata de unir deporte, solidariedade e colaboración.
Dende a organización do circuíto, Dani García, concelleiro de dinamización, indica que “a seguinte proba será a Carreira das Praias e terá lugar o vindeiro 29 de marzo”.
Dani García convida a participar nestas probas. “Animo a todo o mundo a vir polo bo ambiente que se vive á vez que, polo só feito de participar, cada atleta sumará puntos para a clasificación final do circuíto +KmsBarreiros. Este ano engadimos unha clasificación por equipos e outra por colexios-institutos para participar de maneira colaborativa e, aínda que a primeira proba xa se disputou, invito a que os e as afeccionadas ao deporte formen os seus grupos e sumen en conxunto”.
“O sistema de puntuación que establecemos é moi amplo xa que quixémoslle dar un enfoque popular para que todo o mundo teña oportunidades premiando a participación polo que repito, a xente está a tempo de formar equipo co seu grupo de amigos/as, clube, etc e participar no circuíto +KmsBarreiros”. Apunta o edil de dinamización e participación veciñal.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



