Viveiro, 15 de xaneiro, 2024. O Centro Comercial Histórico de Viveiro comeza este luns 15 de xaneiro unha nova campaña para que os clientes poidan escoller ó seu empregado favorito tanto de comercio como de Hostalaría.
O obxetivo desta campaña consiste en realizar un recoñecemento a tódolos empregados, polo bo facer e pola atención ó público. Sabemos que estar cara ó público moitas veces tórnase complicado, non sempre é doado atender as peticións dos clientes e por iso queremos premiar tanto a fidelidade dos clientes como o bo desempeño dos empregados.
A forma de participar é moi sinxela, só hai que descargar a App ViveiroCCH onde está habilitada a campaña co nome do Concurso e pódense ver tódalas fotos dos empregados participantes e o negocio onde traballan.
Hai dúas categorías, por un lado comercio e por outro hostalaría. Os clientes poderán realizar votacións tanto para comercio como para hostalaría, pero nunca votar 2 veces á mesma persoa.
O último día do mes procederase ó reconto de votacións onde sairán elixidos os empregados gañadores, e farase un sorteo entre tódolos votos realizados. Para as votacións do seguinte mes poranse os contadores a cero, dando a posibilidade de novas votacións. Os empregados do mes gañadores eliminaranse da lista, de modo que cada mes gañen uns distintos.
Os clientes poderán votar e participar no sorteo tódolos meses. Ponse en marcha en xaneiro e durará ata abril.
Haberá premios tanto para os empregados gañadores como para os clientes que voten, para estes últimos sortearanse 100€ cada mes en vales de compra, que se poderán gastar en calquera negocio asociado ó CCHV.
Unha campaña distinta que busca o recoñecemento e a motivación dos empregados.











A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



