O portavoz criticou que “se empregue a Deputación para controlar as familias do PSOE: tralos xogos da fame pola alcaldía de Lugo, danlle a Miguel Fernández a delegación de Vías e Obras na Deputación demostrando que Tomé é un simple títere do candidato do seu partido á Xunta que ata permite que lle quiten o seu xoguete e para contentar ao propio Tomé inclúen ao seu fillo nas listas ás autonómicas”
Lugo, 17 de xaneiro de 2024. O goberno da Deputación de Lugo repartiu “a dedo entre os seus amiguetes” preto de 15 M€ (14,7M€) no 2023 a través de convenios aprobados nas xuntas de goberno. O presidente, José Tomé, e o goberno de PSOE e BNG discriminan á metade da provincia co reparto desta cantidade que é equivalente ao 70% do Plan Único ou ao orzamento consignado no capítulo inversións do orzamento da Deputación de 2024 para toda a provincia (16,5M€); polo que non nos estraña que estea así de mal conservada a rede de estradas e o patrimonio da Deputación á vista de que PSOE e BNG gastan todo nos concellos onde gobernan privando ao demais deses fondos”. Así o subliñou o portavoz, Antonio Ameijide, en rolda de prensa acompañado polos vicevoceiros, Carmen José López e Demetrio Salgueiro, na que volveron a advertir do “sectarismo” e “trato discriminatorio a moitos Concellos e, polo tanto, a moitos veciños da provincia” por parte do goberno de PSOE e BNG.
Son un total de 14,7 M€ repartidos a dedo a través de 93 convenios con 37 Concellos:
– 12,8M€ (87%) en 67 convenios para Concellos gobernados polo PSOE
– 1,33 M€ (8,8%) en 19 convenios con Concellos gobernados polo BNG
– 472.000 € (6,4%) en 6 convenios para Concellos gobernados por independentes
– e 74.000 M€ (0,5%) de carambola para un Concello gobernado polo PP porque quedaran amañados co anterior goberno municipal do BNG, no pasado mandato.
Estas cifras “deixan en evidencia o trato desigual aos concellos da provincia e o máis puro sectarismo de PSOE e BNG” tendo en conta que “a metade dos concellos (33 dos 67) non teñen forma de acceder a esa parte dos fondos da Deputación Provincial debido ao sectarismo do presidente que só reparte entre os seus amiguetes”.
Os populares entenden que “a Deputación de Lugo está para colaborar cos Concellos”, pero “non compartimos este reparto sectario. O que reivindicamos é un reparto igualitario entre todos os concellos”. Ameijide engadiu que “estamos de acordo co polígono da Fonsagrada, pero teñen moitos outros parados. E igual que Taboada ou Pedrafita precisan un camión para a recollida do lixo, ao mellor outros moitos Concellos da provincia teñen a mesma necesidade”.
Para os populares “está claro que PSOE e BNG non poden aspirar a gobernar a Xunta porque se impoñen este modelo significaría afogar á metade dos galegos como están condenando a máis da metade dos veciños da provincia de Lugo con concellos gobernados por unha cor política distinta á súa. Sería manter a política de PSOE e BNG na provincia de Lugo que cren que hai veciños de primeira e outros de terceira”.
Ameijide condenou que “a Deputación de Lugo sexa a chequera para pagar a campaña do PSdeG á Xunta” poñendo como exemplos “o pago dunha comisión de 700.000 € a unha Fundación vinculada a un cargo socialista pola compra do castelo de Doiras; ademais do reparto a dedo para pagar a mala xestión dos alcaldes do PSOE que non son capaces de xestionar os Concellos nos que gobernan”.
Tamén considera que “a Deputación se emprega para controlar as familias do PSOE. Coa guerra pola alcaldía de Lugo trala dimisión de Lara Méndez, Paula Alvarellos parece que gaña estes xogos da fame e toca contentar a outra familia, a de Miguel Fernández, ao que Tomé lle delega as competencias de Vías e Obras na Deputación. Así demóstrase que Tomé é un simple títere do candidato do seu partido á Xunta e ata permite que lle quiten o seu xoguete”, apuntou en referencia a este departamento que non tiña delegado ata o momento en ningún outro deputado. “E como Tomé queda doído, colocan ao seu fillo nas listas”. Sobre os cambios que afectan ao goberno provincial Ameijide condenou que “o PSOE empregue como moeda de cambio político esta competencia: non teñen respecto pola seguridade dos lucenses”.
E, en relación á figura do BNG, sinalou que “actúa de tonto útil porque representa o 23% do goberno provincial, pero só logra o 9% dos fondos repartidos en convenios con Concellos da súa cor política”, apunta Ameijide que cre que “fai o mesmo que a nivel nacional: apoiar un goberno do PSOE que discrimina á provincia de Lugo e a Galicia”.
OUTROS EXEMPLOS DE SECTARISMO DO GOBERNO PROVINCIAL
O Plan Único é outro exemplo máis que evidente do sectarismo do goberno provincial: conxela ou baixa achegas a 62 concellos (baixan en 34 e conxela aos demais) e sube só aos 5 máis grandes (gobernados polo PSOE ou ex socialistas). E o peor é que, “xa anunciaron que nos vindeiros anos teñen previsto facer o mesmo”.
O vicevoceiro e alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, reivindicou “un reparto igualitario dos fondos da Deputación entre tódolos concellos da provincia”. De feito, os populares cren que “a cantidade dirixida a dedo a través de convenios con Concellos do PSOE e do BNG debería dirixirse ao Plan Único -agora denominado Plan Deputación- de forma que se incrementasen os fondos como mínimo nun 30% -como veñen demandando os populares- para repartir de forma equitativa e atendendo a criterios públicos, transparentes e coñecidos por todos”.
Igualmente, lembrou tamén “o sectarismo nas actuacións para a mellora das estradas provinciais” porque “na súa maioría correspóndense a vías nos termos municipais de Concellos gobernados polo PSOE”.
A vicevoceira provincial, Carmen José López, puxo o uso do parque móbil da Deputación de Lugo como “outro exemplo dantesco do sectarismo deste goberno provincial que só pensa nos da súa cor política”. Nos últimos dous anos, só se actuou nun 25% (un de cada catro) dos 67 concellos da provincia. E dese 25%, o 81% está gobernado polo PSOE. É dicir, “o parque móbil non presta servizo tampouco a tódolos concellos da provincia”. Dito doutro xeito: “os medios do parque móbil da Deputación de Lugo o resto dos Concellos só os vemos pasar cara a Monforte de Lemos”.
Por todo isto, os populares fan un chamamento para que “este non sexa o proceder do goberno do PSOE e do BNG na Deputación de Lugo para o ano 2024”.



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



