
Marta Lois, candidata á Xunta de Galicia, e José Ramón Rodríguez Añón, no acto de escoita coa veciñanza da Mariña
Viveiro, 27 de xaneiro de 2024. A candidata de Sumar Galicia á Xunta, Marta Lois, estivo esta mañá nun acto de escoita coa veciñanza da comarca da Mariña en Viveiro. Acompañada polo cabeza de lista por Lugo, José Ramón Rodríguez Añón, Lois destacou a necesidade de mellorar o investimento en sanidade e apostar por un novo plan de industria para A Mariña.
En declaracións previas ó encontro, a candidata á Xunta destacou que moitos dos problemas que sofre a comarca “non veñen de onte, veñen de moito tempo atrás”, en especial no referido á falta de infraestruturas, coa sanidade e industria.
Lois insistiu na importancia dun plan industrial para A Mariña que pasa por “garantir un futuro en materia de enerxías renovables”. A deputada pola Coruña sinalou a importancia de garantir os compromisos de Alcoa cos traballadores tanto dende a Xunta de Galicia como dende o Goberno.
Na súa intervención no encontro a candidata resaltou que “é normal que a gente da Mariña estea supercabreada” e que teña unha sensación de abandono, tanto polas incertezas pola continuidade de Alcoa como o peche de Vestas fai tres anos.
Marta Lois sinalou que “o potencial industrial que ten A Mariña debe ser aproveitado” e que para iso “no programa de Sumar Galicia temos propostas cono da creacións de polos ecoindustriais” que “non teño dúbida serían moi adecuadas para que esta comarca se convirta no motor xerador do emprego verde de Galicia”.
A candidata engadiu que “para iso son necesarios investimentos e planificación” así como unha aposta decidida que permita ter futuro para os mozos e mozas do nos país e desta comarca”, dixo Lois.
A formación tamén mostrou a súa preocupación pola situación da sanidade na comarca. “En Viveiro e na Mariña faltan pediatras, está colapsada a Atención Primaria e no PAC de Burela están sen equipamentos en condicións adecuadas”, denunciou Lois. “Hai un clamor da necesidade de facer un xiro de 180 graos”.
Dende Sumar Galicia apostamos por un incremento do investimento en sanidade do 25% que “ non vaia para gasto farmacéutico nin privatización da sanidade senón que vaia para manter os hospitais das comarcas”, explicou a candidata.
“Manteremos tamén un plan de rescate á atención primaria. Garantiremos que haxa como máximo 48 horas para unha atención e un máximo de 24 horas en unha urxencias”.





















A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.



