A candidata do BNG por Lugo anunciou unha LEI GALEGA de dereitos culturais coordinada dende a administración e dixo que “a cultura ten que ser un dereito de toda a sociedade”
A Mariña, 27 de xaneiro de 2024. A candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil, acompañada do candidato da Mariña, Daniel Castro, das concelleiras e concelleiros do BNG, e de integrantes da formación en A Mariña acreditou na necesidade de “converte a cultura nun dereito de xeito que, ademais, xere riqueza; a expresión máis visíbel do que somos e de como entendemos o mundo mantendo unha identidade propia”. Rodil explicou que “a Xunta de Galiza ten obriga de atender con políticas públicas específicas o desenvolvemento da creatividade e da cultura no noso país”. “É preciso deixar atrás esta década negra de gobernos do PP para poñer en valor todo o potencial creativo que temos, proxectando desde Galiza un discurso cultural propio, unha ollada propia no mundo, dun xeito plural e aberto” dixo Rodil.
Dende o BNG fíxose fincapé en que “nos últimos quince anos o Partido Popular desmantelou, programa a programa e centro a centro, a cultura deste país. O Partido Popular é sinónimo de ataque constante a todo o que representa o potencial creativo e a identidade propia de Galiza, e Rueda-Feijóo son alumnos avantaxados do discurso españolista que hoxe representan as tres dereitas”. Pola súa banda Daniel Castro, múmero 2 da candidatura nacionalista expresou que “o BNG acredita nunha cultura galega viva, con intención formadora no persoal e transformadora no social, que estimule a participación cidadá, apoie a creación artística, faga aínda máis visíbel a nosa produción cultural e actúe como elemento de dinamización, desenvolvemento e vertebración territorial, social e económica do noso país”.
O modelo cultural que o BNG defende é integral e estratéxico, asume un compromiso investidor axeitado, capaz de deseñar e desenvolver o horizonte futuro ao que queremos chegar tendo en conta todos os planos en que a cultura se manifesta hoxe en día: o da creación, promovendo a formación, a investigación e a excelencia artística; o dos sectores culturais, apoiando a existencia dun tecido empresarial galego que sustente con profesionalidade, saber facer e independencia o talento artístico existente; o patrimonial, con políticas que favorezan a conservación e o aproveitamento sustentábel e responsábel do noso patrimonio e o poñan en relación coas dinámicas creativas actuais; e o sociocultural, promovendo a implicación activa do pobo e a implantación comunitaria das políticas e dos proxectos, a través da cooperación dos diferentes axentes culturais -asociativos, públicos e privados— existentes no territorio.





















A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.



