Un dos recursos que facilitará a Deputación é un chatbot con intelixencia artificial integrado nas web de concellos de menos de 5.000 habitantes para ofrecer asistencia virtual á cidadanía as 24 horas os 365 días, unha experiencia piloto que é pioneira en España
Lugo, 23 de febreiro de 2024. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación, por un importe de preto de 800.000€, dos últimos lotes do subministro de equipamentos e servizos tecnolóxicos que, unha vez adquiridos, a institución provincial proporcionará de maneira gratuíta aos 52 concellos da provincia que decidiron adherirse ao programa Impulsa TIC.
Con esta última licitación, explicou o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, “a Deputación xa ten en fase de contratación a totalidade do investimento de 4,5M€ co que está dotado o Impulsa TIC”. Un proxecto, apuntou, que a institución provincial puxo en marcha con fondos captados da Unión Europea “co obxectivo de colaborar cos concellos da provincia para avanzar na súa transformación dixital e, polo tanto, ofrecer un mellor servizo público aos veciños e veciñas”.
Entre as ferramentas tecnolóxicas que a Xunta de Goberno aprobou licitar hoxe, indicou Pablo Rivera, destaca “a implantación dun chatbot con intelixencia artificial, integrado nas web de concellos de menos de 5.000 habitantes, unha experiencia piloto que é pioneira en España”. Trátase dun asistente virtual, que ofrecerá atención ao cidadán as 24 horas dos 365 días do ano para resolver consultas dun xeito rápido e eficaz, e reducir a carga de traballo para os traballadores públicos. Ademais, nos lotes aprobados esta mañá tamén se inclúen equipamentos dixitais para dar una maior transparencia financeira.
Ademais, na Xunta de Goberno de hoxe saíu adiante a adxudicación do primeiro lote de materiais, á empresa Alpha Syltec Ingeniería, por unha cuantía que ascende a case 18.000€, e que servirán, en concreto, para mellorar a eficiencia dos servizos básicos da Administración dixital, a creación de oficinas municipais de prestación de servizos electrónicos aos cidadáns, a integración dos sistemas de tramitación municipais cos sistemas de padrón e contable ou a implantación dun sistema de automatización e dixitalización dos plenos municipais.
Pablo Rivera avanzou que nas vindeiras semanas a Deputación irá adxudicando o subministro do resto de equipos e servizos,que teñen que estar implantados o 30 de abril, data na que deberán estar finalizados todos os proxectos subvencionados do programa Impulsa TIC.
O Deputado de Promoción Económica e Social lembrou que todo o material atende ás necesidades que os propios concellos lle trasladaron á institución provincial, e que se distribúe seguindo criterios obxectivos entre os 52 concellos que decidiron sumarse ó proxecto, de xeito semellante ao Plan Deputación.
Parque Móbil e Granxa Gayoso
A Xunta de Goberno acordou adxudicar un contrato para o subministro de material e repostos destinados ao Parque Móbil e á Granxa Gayoso Castro da Deputación por un importe conxunto de 100.000€. En concreto, trátase de pezas e repostos, aceites, graxas e aditivos para os vehículos que utilizan ambos servizos; ferramenta e materiais de desgaste do Parque Móbil; e material de limpeza para vehículos e maquinaria. A vixencia do contrato é dun ano, con posibilidade de dúas prórrogas anuais.


















A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.
Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.



