A veciñanza que desexe colaborar ou seguir a actividade da asociación pode facelo a través de Instagram, TikTok (@coloniasrueiras) e Facebook (Colonias Callejeras)
Viveiro, 20 de febreiro de 2024. O Concello de Viveiro informa da creación da asociación Colonias Rueiras, que se adicará á xestión das colonias felinas da vila coa colaboración e coordinación da Concellería de Medio Ambiente e de Protección Civil.
En base á nova Lei estatal de Benestar Animal, o Concello ten a obriga de xestionar a situación dos gatos que viven na rúa. Dita xestión será, así mesmo, desenvolvida a través da ordenanza municipal de Protección e tenza de animais.
Con esa finalidade, e coa colaboración da cidadanía mediante a asociación, a Tenencia de Alcaldía, a través da Concellería de Medio Ambiente, comeza cos traballos correspondentes, identificando tanto ás colonias como ás persoas alimentadoras autorizadas.
A primeira actividade da asociación foi o programa educativo ‘Coñece ó gato comunitario’, no colexio de Celeiro. O programa vén acompañado dunha campaña de concienciación para darse a coñecer, na que se prevé que colaboren todos os centros educativos do municipio.
A tenenta de alcaldesa Míriam Bermúdez sinala que “é importante ter en conta que, unha vez aprobada a nova ordenanza, non se poderá alimentar aos gatos sen ter o carné que autoriza a facelo”.
“Esta xestión vai contribuír non só a un maior benestar dos animais, senón tamén a unha maior hixiene e a unha mellor apariencia da vila, a través do método CER de Captura, Esterilización e Retorno á colonia”, explica Bermúdez.
A tenenta de alcaldesa lembra así mesmo que “sempre houbo gatos en Viveiro, xa que son necesarios para a vila, pois axudan a controlar por exemplo a presencia de ratas”.
Está previsto que se lles aplique este método a uns 65 gatos dos pouco máis de 300 que hai identificados, para reducir a súa superpoboación dun xeito controlado.
A veciñanza que desexe colaborar ou seguir a actividade de Colonias Rueiras pode facelo a través das súas redes sociais, estando presentes en Instagram e en TikTok como @coloniasrueiras e en Facebook como Colonias Callejeras.
























Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



