A Mariña, 9 de febreiro. As candidatas e candidatos do BNG pola circunscrición de Lugo pertencentes á Mariña presentaron hoxe en rolda de prensa en Burela as principais propostas do programa de goberno para a comarca. Para o BNG, 14 anos de Partido Popular deixan unha Mariña peor, unha Mariña pola que eles nada fixeron diante dos graves problemas que esta comarca tivo e tén que afrontar, coma o desemprego, a desindustrialización, o desmantelamento da sanidade pública ou as infraestruturas polas que a comarca leva décadas esperando.
“Non vimos nin un só proxecto de futuro para A Mariña nestes anos, só vimos propaganda, porque esta foi a Xunta da propaganda” afirmou Daniel Castro, que recordou tamén que nestes anos “foi a sociedade mariñá a que tivo que organizarse e sair á rúa para defender servizos básicos coma a sanidade, ou para defender o emprego e a industria ou reclamar vías de comunicación, e aí coa sociedade estivo sempre o BNG, cóbado con cóbado, e quen tiña competencias e responsabilidades na Xunta deixounos sós aos mariñaos”
Preparadas para gobernar e poñer á Mariña na vangarda
Vanesa G. Lourido, Miguel Gómez, Sandra Fdez. Cillero, Eloi Cabanas, Pilar Vázquez, Iria Cotelo e Daniel Castro, candidatxs pola Mariña explicaron as propostas nacionalistas para a comarca, moitas xa coñecidas, coma rematar a VAP San Cibrao-Ferrol, recuperar a Área Sanitaria da Mariña, defensa a ultranza da pesca desde o goberno galego, diante de Madrid e en Europa, aproveitar e potenciar a riqueza forestal, donde a comarca é unha potencia, garantir os postos de traballo en Alcoa, a través da intevención pública e con participación da Xunta, xeración de emprego para o retorno da mocidade emigrada, un rural vivo con servizos, e diante do aumento da lonxevidade, máis e mellores servizos para a atención aos maiores.
13 de febreiro ás 12:00 no Auditorio de Burela, toda A Mariña con Ana Pontón, a presidenta de todas as persoas que queren cambio na Xunta
Por todo esto, desde o BNG apelan á sociedade mariñá a que acuda masivamente o vindeiro 13 de febreiro ás 12.00 ao Auditorio Municipal de Burela ao acto público no que intervirán Mario Pillado, tenente alcalde de Burela, o candidato mariñao nº 2 por Lugo Daniel Castro, a cabeza de lista Olalla Rodil, e a candidata e futura presidenta da Xunta, Ana Pontón.





















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



