Ribadeo, 15 de febreiro, 2024. A Asociación de veciños «Por Nuestro Faro» afirma que: “Hai dous meses, o contrabandista e narcotraficante Laureano Oubiña veu a Ribadeo presentar un libro. Non nos incumbe como asociación onde se atope esta persoa, os seus intereses profesionais actuais, nin onde pretenda vender os seus libros, mais no seu momento tomamos a decisión de protestar contra o uso da illa Pancha -unha vez máis- para fins particulares, para a autopromoción e por un beneficio económico individual. E aí é onde entra en xogo a nosa labor como asociación: preservar a illa Pancha como ben natural e patrimonial, e, en consecuencia, defendela ante o uso e interese particular”.
“Nembargantes, queremos deixar constancia de que pensamos que o dereito á reinserción de individuos que teñen cumprido cadea e, polo tanto, pagado a súa débeda, exprésase a través do arrepentimento, a reparación -no posible-, e oi compromiso coa sociedade, e que iso entra en contradición co feito de maquillar un pasado delitivo, enmarcándoo na imaxe dun lugar idílico, símbolo de Ribadeo”.
“A día de hoxe, dous meses despois, temos podido comprobar que á visita de Laureano Oubiña á illa Pancha seguiulle o silencio do Concello de Ribadeo e de toda a oposición. Non temos constancia de ningunha declaración emitida por algún representante local en todo este tempo, ó que lle chocara dita presencia na illa Pancha”.
“Esta coincidencia institucional entre formacións políticas non nos colle por sorpresa, pois xa nos inicios da privatización da illa Pancha -concesión mediante, en 2015-, ó impulso do PP dende o goberno central de Madrid uniuse o xúbilo local do entón alcalde do BNG”.
“Só podemos desexar que esta situación non se reproduza no futuro e que os nosos representantes velen pola integridade e a dignidade do noso patrimonio, que pertence ó pobo, sempre e a pesar de todo”.




















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



