É unha plataforma que presta moita atención á actualidade e á imaxe, cuxo dominio, que se mantén, é www.concellodecervo.com
Cervo, 22 de marzo, 2024. O Concello de Cervo habilitou este mesmo venres unha nova páxina web máis operativa e accesible para veciños e visitantes, que presta moita atención á imaxe e á actualidade, cunha actualización diaria de todos os contidos e eventos que se programan nos diferentes recunchos do municipio.
Tal e como explicou a alcaldesa, Dolores García Caramés, a plataforma foi totalmente renovada e “animamos aos nosos veciños a que naveguen pola páxina que é un escaparate de todo canto acontece no noso municipio, e para elo aproveitamos todas as posibilidades que nos ofrece a internet, especialmente a inmediatez, actualizando constantemente contidos e informacións relativas ao Concello e a todas as actividades culturais, de servizos sociais, deportivas, lúdicas…que se programen, co obxectivo de que os cervenses estean permanentemente informados”.
A rexedora apuntou así mesmo que tamén concibimos esta páxina como a carta de presentación do Concello, unha ventá aberta de Cervo ao mundo coa que poder chegar a calquera recuncho, e seducir ao visitante, para que se sinta atraído por todo o que podemos ofrecerlle, e nos veña visitar.
A páxina aséntase sobre catro piares fundamentais: a accesibilidade, a información, o servizo á cidadanía e o turismo.
Deste xeito, a través do dominio www.concellodecervo.com, calquera persoa pode navegar de xeito sinxelo pola páxina, e, a través de diferentes atallos, acceder á sección que interese nese caso.
É unha páxina baseada na transparencia, que pretende ser unha ferramenta útil e dinámica para os cervenses, que poden acceder directamente a un enlace á sede electrónica, que os conduce ao taboleiro de anuncios, e poden descargar certa documentación e facer trámites dende as súas casas; ademais de realizar un seguimento diario de toda a actividade do Concello, que como xa se dixo, se actualizará a diario.
Ademais, o Concello de Cervo vén de dixitalizar o proceso de reservas da pista de atletismo situadas no Complexo Deportivo da Veiga. A través do enlace https://reservas.concellodecervo.com/ . As persoas, que terán que estar federadas, poden reservar así de xeito gratuíto o día e a franxa horaria que mellor se adapte ás súas circunstancias en función da dispoñibilidade; e recoller a chave na piscina municipal, amosando o correo de confirmación da reserva e o número de licenza federativa.
O concello de Cervo conta ademais con páxinas de facebook, twitter, instagram e canle Youtube, todos en conxunto conforman unha rede de comunicación completa, que se actualiza constantemente ao servizo dos cervenses.
























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



