Con esta nova infraestrutura mellorarase a calidade da auga da nosa ría, o servicio de saneamento e depuración e sacarase a depuradora da zona portuaria que causaba moitas molestias e, ademais, era unha petición das asociacións veciñais
Foz, 19 de abril de 2024. O voceiro do Partido Popular de Foz, Javier Jorge Castiñeira, mostrase satisfeito polo comezo das obras da nova depuradora que di “é o resultado de moitos anos de traballo e de política útil”. Unha infraestrutura que se ubicará na Granda de Forxán e os populares agradecen á Xunta de Galicia que a financia con máis de 12 millóns de euros con fondos europeos.
“Trátase dunha obra importantísima para o noso concello e desde o PP de Foz loitamos por ela cando estabamos no goberno xestionando este asunto, tratando de acadar un consenso para a nova ubicación e, despois de moito traballo, buscar financiamento e levar a cabo o proceso de tramitación e, tamén, desde a oposición; e, dende logo, reiteramos o noso agradecemento á Xunta de Galicia polo seu compromiso durante todos estes anos”, valora Jorge Castiñeira.
Con esta nova infraestrutura mellorarase a calidade da auga da nosa ría, o servicio de saneamento e depuración e sacarase a depuradora da zona portuaria –unha das zonas turísticas de Foz- que causaba moitas molestias e, ademais, era unha petición das asociacións veciñais.
Estas obras consistirán, ademais da construción da nova depuradora, en toda a canalización e na construción dun pozo de tormentas na zona portuaria que bombeará todo o caudal ata a nova estación depuradora, o que será moito máis eficaz, e na construción dun emisario que alonxará as augas residuais da zona costeira.
“Dende logo que desde o PP de Foz estamos moi contentos e moi satisfeitos pois entendemos que con esta obra comeza unha nova etapa na modernización do noso concello”, finaliza o voceiro popular focense, Javier Jorge Castiñeira.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



