Viveiro, 23 de abril de 2024. A Tenencia de Alcaldía de Viveiro habilitou na sede electrónica do Concello de Viveiro, na sección de Medio Ambiente, un formulario para que os veciños e veciñas poidan comunicar aquelas parcelas que incumpren a obriga de xestión da biomasa ou retirada de especies arbóreas prohibidas, incrementando o risco de incendio.
Lémbrase que a obriga de xestión da biomasa forestal e retirada de especies arbóreas prohibidas debe cumprirse polos titulares dos terreos ou dos aproveitamentos madereiros antes do 31 de maio de cada ano.
“A norma da Xunta de Galicia sobre incendios descargou toda a responsabilidade nos concellos sobre a notificación aos propietarios que teñen as fincas con maleza e supoñen un perigo para incendios”, asegura Míriam Bermúdez, tenenta de alcaldía de Viveiro.
No caso de Viveiro, o concello ten máis de 10.000 parcelas dentro das faixas de biomasa, polo que resulta imposible inspeccionar, notificar e verificar o cumprimento da lei na totalidade das mesmas. Planifícanse as campañas anuais en atención aos medios disponibles, polo que a colaboración cidadana constitúe unha fonte de información moi relevante.
Debido a que moitos veciños manifestaban queixas pola presenza de parcelas sen limpar ao carón da súa vivenda, o concello habilitou este novo formulario para comunicar dese tipo de siituacións.
Posteriormente, o concello notifica ao propietario a súa obriga de limpar para evitar risco de incendio e, en caso de incumprimento polo responsable, o concello pode actuar en execución subsidiaria, a coste do responsable, sen prexuízo da imposicións das sancións que correspondan.
Estas solicitudes están previstas só para as fincas que o plan de prevención e defensa de incendios forestais do concello incorpore como faixas secundarias. Cada solicitude permite comunicar ata seis referencias catastrais.










Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



