Insta o Goberno a que para garantir a continuidade da actividade e o mantemento dos postos de traballo a SEPI adquira Alcoa e busque un operador fiábel que presente un proxecto solvente e de futuro para San Cibrao
Madrid, 11 de abril de 2024. O BNG consegue aprobar unha iniciativa na Comisión de Industria e Turismo do Congreso instando o Goberno do Estado a realizar as actuacións necesarias que permitan garantir a continuidade da actividade industrial en Alcoa San Cibrao, así como asegurar o mantemento dos postos de traballo. Co único voto en contra do PSOE, Néstor Rego destaca, entre os puntos aprobados, o apoio a unha intervención pública, a través da SEPI, para evitar que se repita o resultado desastroso de Alcoa A Coruña e se busque un operador fiábel que presente un proxecto industrial solvente e de futuro.
Hai tres anos, lembrou o deputado do BNG no Congreso, “saquei esta camisola no Plano do Congreso para reivindicar a intervención pública en Alcoa mais non pensabamos na altura que, tres anos despois, teríamos que traer de novo esta camisola”. Desde finais de marzo, Alcoa volveu ameazar con fechar a planta e aínda que afirmou esta en disposición de vendela, para o BNG a única garantía de que non se repita o desastre de Alcoa A Coruña e Avilés é a intervención pública a través da SEPI. Alcoa xa anunciou que os fondos se acabarán en xuño e que non está disposta a continuar a actividade.
“Xa temos experiencias previas: Alcoa vendeu a planta da Coruña e a de Avilés e acabaron por desaparecer. O BNG non quere que aconteza o mesmo coa da Mariña porque sería un desastre para a comarca, para Galiza e tamén para o Estado español porque é a única planta de aluminio primario do estado” subliñou Néstor Rego durante a defensa da iniciativa.
Alén do máis, Rego destacou a necesidade dun proceso de intervención pública amparándose na recente hemeroteca e as actuacións levadas a cabo polo executivo. “O Goberno español entrou no accionariado de Celsa Atlántic e acaba de entrar no accionariado de Telefónica, tamén se pode facer no caso de Alcoa”. Lembrou que ningunha norma nin español nin europea o impide e que mesmo recentemente o goberno italiano nacionalizou a planta que ArcelorMittal ten nese País.
A iniciativa, obxecto dunha proposta transaccional, obtivo o apoio maioritario da cámara baixa e Rego destacou o punto aprobado para que se for preciso -e o BNG ten claro que o é- a SEPI adquira a planta, activando a intervención pública, e “busque un operador fiábel que presente un proxecto industrial solvente e de futuro co obxectivo de garantir a continuidade da actividade e o mantemento de todos os postos de traballo”.
Para alén deste punto, a organización nacionalista logra instar o Goberno a modificar o Estatuto do Consumidor Electrointensivo e crear a figura das empresas electro-intensivas. “Garantir a máxima compensación por CO2 permitida por Europa, Artellar unha interrumpibilidade que aproveite a capacidade destas industrias para funcionar como colchón nos picos de consumo de enerxía ou que se reduzan as portaxes na factura eléctrica” enumera Rego.
Do mesmo xeito, o Congreso acorda instar o Goberno a que exixa a Alcoa o cumprimento estrito de todos os compromisos e investimentos previstos no acordo asinado cos traballadores e traballadoras.























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



