Foz, 3 de abril de 2024. Quince locais hostaleiros de Foz ofrecerán do 5 ao 7 de abril unha Finde de chícaros e mexillóns. A campaña está organizada por AciaFozCCA.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explica que “deste xeito rendemos homenaxe á XXII Festa do Berberecho, que se celebra este sábado en Foz. O que propón a hostalería e unha fin de semana para degustar chícaros e mexillóns en diferentes preparacións. Será desde o venres e ata o domingo”.
Os establecementos hostaleiros participantes son: A Rambla-Pachán, A Viela, As Brasas, Augas Santas, Bar 78, Cafetería Anduriña, Casa Damián, Dandy Restaurante, Los Dulces de Delphine, Mexideli, O Muelle Bar, O Tangarte, Pizzería Xoiña, Portochico e Restaurante Xoiña.
Paleo anima a achegarse a Foz: “a disfrutar de todas as propostas gastronómicas que atoparán na nosa vila, a pasear polas nosas rúas e a mercar no comercio local. Temos toda unha fin de semana por diante”.
A Finde de chícaros e mexillóns está organizada por AciaFozCCA. Colaboran: Xunta de Galicia, O Noso Foz e Concello de Foz.





















Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



