Este premio é concedido pola entidade de ámbito estatal ATEGRUS, a Asociación Técnica para la Gestión de Residuos y Medio Ambiente
Viveiro, 27 de abril de 2024. O Concello de Viveiro celebra que o municipio fose distinguido coa Escoba de Plata polo seu servizo de quita e pon no casco histórico, posto en marcha pola Tenencia de Alcaldía.
Este premio é concedido pola entidade de ámbito estatal ATEGRUS, a Asociación Técnica para la Gestión de Residuos y Medio Ambiente. Viveiro foi premiado xunto a outros municipios de toda España.
A Escoba de Plata foi outorgada a Viveiro na categoría A da mesma por conseguir, “por un lado, retirar os contedores, mellorando a percepción xeral de limpeza, e por outro, facilitar o acceso ás recollidas selectivas, que anteriormente non se levaban a cabo nesta zona”.
A tenenta de alcaldesa Míriam Bermúdez sinala que “é unha honra recibir este recoñocemento ao noso labor para facer de Viveiro un sitio cada vez máis limpo e agradable para vivir”.
Pola súa banda, a alcaldesa María Loureiro explica que “no 2022 houbo un cambio no servizo de limpeza, e xa no contrato se incluía o servizo de quita e pon, desenvolto finalmente en decembro de 2023”.
“Este servizo está funcionando moi ben, e a distinción que agora recibimos confirma que estamos no bo camiño e nos anima a continuar mellorando Viveiro nesta liña”, engade Loureiro.


























O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



