Será a partir das 9:30h no Recinto Feiral. A Feira está organizada pola Asociación equina A Medela. Ó longo de toda a xornada repartiranse centos de premios en concursos e carreiras.

A Fundación Cibervoluntarios, en colaboración co Concello de Viveiro, organiza este verán campamentos dixitais gratuítos dirixidos a rapaces de entre 9 e 17 anos. A iniciativa enmárcase no Programa CODI, Competencias Dixitais para a Infancia. A primeira edición desenvolverase a partir do luns 7 de xullo na aula CEMIT dos Claustros de San Francisco, en horario de 9.00 a 14.00 horas. A segunda quenda terá lugar o 28 de xullo. Aínda quedan prazas dispoñibles. O obxectivo dos campamentos é mellorar as competencias dixitais da infancia e promover o uso creativo e saudable da tecnoloxía. As inscricións poden realizarse a través da ligazón https://campamentodigital.org/#apunta-gratis.
Resultaron gañadores na Categoría SUB 15: Los Reversos. Categoría Sénior: Doloringues. Entregaron as medallas os edís Alfredo Fernández e Adrián Arias. As actividades seguen o martes, 8 de xullo, coas Noites de Fútbol Praia.
Prolongarase ata a primeira semana do mes de setembro “co obxectivo de axudar na conciliación familiar e laboral ao longo de todo o verán”, explica a súa directora, Raquel Hermida. A Escola de Minitalentos, dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, abre de oito da mañá a tres da tarde: “os asistentes poden incorporarse ás actividades e talleres ao longo da mañá”.
Tirando sempre de creatividade e imaxinación, tamén aproveitaron para saír a mercar froita ao Mercado que se celebra cada xoves na Praza dos Campos. Unha forma tamén de fomentar a alimentación saudable e a aprendizaxe activa.
Debido á instalación dos postos, non será posible realizar o sistema habitual de «quita e pon», polo que se instalarán contedores fixos nos puntos indicados no plano elaborado para tal fin. Ademais, colocaranse contedores de reforzo nas seguintes localizacións: Praza Maior. Rúa Irmáns Vilar Ponte. Rúa Fernández Victorio. O Concello agradece a colaboración da veciñanza e do sector hostaleiro no uso responsable dos contedores, recollida de residuos xerados nos espazos cedidos, así como que estes espazos sexan mantidos en condicións axeitadas.
O sábado a partir das 21h espectáculo de narración oral a cargo de Lîlâ Teatro coa obra "Estremonías da Silva" e á súa finalización, música tradicional con Os Carricantos. O domingo, toca sesión vermut da man de José Brea & Miguelón a partir das 13h, para disfrutar dun aperitivo antes do xantar. Como sempre, acompañado das tapas de Galiana e do mellor ambiente.
Trátase dunha homenaxe que as universidades públicas galegas en colaboración coa Consellería de Educación renden ao estudantado con mellores expedientes de Galicia nas probas de acceso á universidade, sendo necesario acadar nota igual ou superior a 8,5 na fase xeral da PAU. O acto celebrouse na Universidade de Vigo o pasado 20 de xuño, onde lles foron entregados os diplomas que os acreditan como alumnado sobresaínte. Dende o IES de Ribadeo, parabéns aos homenaxeados polos resultados acadados e tamén a tódolos compañeiros e compañeiras que superaron a PAU polo esforzo realizado.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital