Xove, 26 de agosto, 2025. Xove prepárase para celebrar as festas patronais na honra a San Bartolo e a Virxe do Carme o 28, 29, 30 e 31 de agosto e o 1 de setembro.
Estas festas son un dos eventos máis destacados do ano en Xove e o pobo prepárase para festexalas con unha variedade de actividades para tódolos gustos e para tódolos públicos.
As festas arrancan co pregón a cargo da farmacéutica titular de Xove Dª Ana Mª Boñar Rey o xoves 28 de agosto e pechan o 1 de setembro co día da infancia, onde os menores poderán gozar dos inchables na praza do Concello.
No programa das festas destacan principalmente as actuacións infantís polas mañáns para deleite dos máis pequenos, a sardiñada popular para desfrutar na compaña de familiares e amigos e o tradicional festival folclórico da Asociación Cultural Saíñas, que descubrirá novamente a riqueza cultural a través da música e danza tradicional e tendo como grupo invitado a Agrupación Folklórica S´estol Porrenc de Mallorca.
Na verbena van contar cos grupos Nuevo Plan e América, o musical de La Ocaband “Camiñantes e cantantes” con Pili Pampín, M. Manquiña e Pepo Suevos, as orquestras Pontevedra, Os Satélites, Trébol e Gran Parada e a Disco Móbil Conxuro para amenizar estas noites de festa en Xove.
Como actividades deportivas o martes 26 de agosto terá lugar o II Torneo San Bartolo de Fútbol Sala onde se enfrontaran o Xove FS e o Burela FS no pavellón municipal de deportes e o domingo 31 de agosto no campo de fútbol anexo ao municipal vaise levar a cabo o Torneo Concello de Xove de fútbol onde se enfrontaran a UD Xove Lago e a UD Folgueiro.
O cartaz foi presentado por membros da Asociación de Festejos Montevelle (Benigno Canoura, Carlos Cociña, Dalmacio Riveira, Borja Basanta, José Luis Pico e David Galdo) que organizan xunto co Concello de Xove estas festas patronais. En representación do Concello estaban presentes o alcalde, Demetrio Salgueiro, a concelleira de cultura Mª Dolores Meitín, a concelleira de turismo Cecilia Duarte e a concelleira de deportes Cristina Iglesias, que agradecen a gran laboura destes compañeiros ao longo de todo o ano para sacar adiante tanto estas festas patronais como a celebración da festa das Fillas de María.
O Concello de Xove e a comisión invitan a todos/as os/as veciños/as e visitantes a que se acheguen a desfrutar de un moi bo ambiente de festa.




























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



