Ribadeo, 26 de agosto, 2025. A Garda Civil detivo en Ribadeo un veciño como suposto autor dun delito de tráfico de drogas.
O operativo policial iníciase o pasado mes de maio, tras ter constancia dun posible punto de venda de drogas nunha vivenda situada en pleno centro urbano da localidade.
Os supostos consumidores de substancias estupefacientes da zona, accedían ao portal da vivenda e tras escasos minutos no seu interior abandonaban o edificio, comprobando os axentes como en ocasións, o suposto vendedor, saía á rúa antes da chegada dos potenciais compradores, coa finalidade de comprobar que non se atopaba na zona vixilancia policial.
Tras unha ardua investigación ao longo de tres meses, lógrase identificar a varios dos compradores e intervir as substancias que acababan de adquirir e, en base a iso, realízase unha entrada e rexistro do domicilio da persoa vendedora, no marco da operación “upmann”, intervindo 22 dose de haxix, 14 dose de marihuana, 156 dose de cocaína e 3 dose de heroína, así como diversos obxectos utilizados para a preparación de dose.
Así mesmo, intervense un revolver, un rifle de aire comprimido, unha báscula de precisión, 1.505 euros en efectivo e varios obxectos supostamente vinculados ao seu intercambio por substancias estupefacientes.
A persoa detida e os efectos intervidos foron postos ao dispor do Xulgado nº 1 de Mondoñedo.





















Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



