Ribadeo, 27 de maio de 2024. Maribel Fariñas Gerpe e Antonio Pérez Rosa, ambos de Ribadeo, son os gañadores dos premios de 150 e 200 euros do sorteo do Ribadeo FC e Acisa. Os agasallos foron entregados nas oficinas da asociación.
Os outros tres premios que ninguén reclamou foron novamente sorteados esta mañá. Os novos agraciados son os números 921, o 410 e o 1052, que recibirán 50 euros en vales de compra cada un.
Acisa e o Ribadeo FC uníronse hai unhas semanas para poñer en marcha esta nova campaña. A cantidade total de premios que se sorteou foi de 800 euros en vales de compra de Acisa Ribadeo, 500 euros aportados directamente por Acisa e 300 polo Ribadeo FC, repartidos da seguinte forma: un premio presencial de 300 euros en vales de compra, que foi sorteado hoxe no Pepe Barrera na última xornada de liga. E 500 euros en vales de compra, divididos en varios premios, que foron sorteados o pasado 20 de maio nas oficinas de Acisa a porta pechada e mediante un sistema de xeración de números aleatorios.
Segundo establecen as bases os premios puideron ser reclamados ata o 26 de maio, e os que quedaron desertos volvéronse sortear hoxe, día 27. As persoas afortunadas teñen de prazo para reclamar os seus premios ata o 2 de xuño. De non aparecer algún dos números agraciados considerarase definitivamente deserto.











A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



