Mondoñedo, 29 de maio do 2024. Para o BNG resulta imposible poder xogar sen rematar coas mans e a roupa tinguidas de negro polo mofo que impregnan as instalacións e consideran inaceptable que os cativos teñan que padecer un parque de xogos que parece sacado dunha película da “Familia Monster” por culpa do mofo e o lixo acumulado durante anos.
-O principal parque infantil de Mondoñedo converteuse nun potencial perigo para os máis cativos-
Moito máis grave é o estado das subxeccións dalgúns equipamentos a piques de rachar polo desgaste, o que podería ocasionar un posible accidente e lesións das nenas e nenos que xogan no parque municipal.
Ademais, desde o BNG consideran que o goberno municipal non pode mirar cara a outro lado ante esta situación de abandono que, xunto coa falta de limpeza e mantemento das rúas e espazos públicos da cidade, pode ser unha das variantes que poden ter en conta as familias cando teñen que decidir se establecen a súa residencia en Mondoñedo ou noutro concello limítrofe da comarca.
Para o voceiro municipal do BNG, Eloi Cabanas, o coidado e a seguridade dos fillos é unha prioridade esencial e denuncia que goberno municipal aínda non fixera efectiva a proposta presentada en pleno polo grupo nacionalista o pasado mes de marzo para que o goberno tomase as medidas necesarias para solucionar o problema de conservación do parque e evitar así posibles situacións de risco para os menores.
“Trátase dunha vergoña e un desleixo, as autoridades municipais non poden estar esperando eternamente por unha subvención para reformar o parque do seminario e deben intervir inmediatamente para corrixir estas deficiencias”.
O BNG tamén se fai eco das queixas habituais que lles trasladan os veciños e veciñas relativas á frecuencia e intensidade con que se realizan os traballos habituais de roza da vexetación espontánea e limpeza das rúas e espazos públicos da cidade xa que non son suficientes para garantir unha imaxe de cidade limpa e ben coidada.
“Queremos unha cidade limpa por fora e máis por dentro así que vamos formular un rogo no pleno deste xoves 30 de maio para que o goberno reforce este servizo e garanta unha limpeza intensiva e en profundidade en todos os espazos e edificios públicos da cidade non só na época estival se non que tamén ao longo de todo o ano”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



