Os populares aclaran que “unha vez obtidos tódolos informes e corrixidas as deficiencias, a tramitación do PXOM variará dependendo de se os cambios desde a aprobación inicial supoñen ou non unha modificación substancial na ordenación do territorio”
Viveiro, 13 de maio de 2024. A portavoz do PP de Viveiro, Mariña Gueimunde, advirte que “o PXOM de Viveiro está moi lonxe de ser aprobado, a pesar de que a alcaldesa o prometa ano tras ano, eleccións tras eleccións”. Así o sinala atendendo aos trámites pendentes que recolle un informe dos servizos municipais sobre o seguimento do procedemento do PXOM de Viveiro.
A popular explicou que “vaia por diante o noso desexo de contar cun documento que asemella clave para o desenvolvemento do noso concello e que leva esperando dende o 2011”. Así, “ante a falta de explicacións da situación real do PXOM de Viveiro por parte do goberno municipal, no PP vémonos na obriga de trasladarllo á cidadanía”. Igualmente, engadiu que “moita presa non tiñan cando en decembro do 2023 se remitiron 5 informes ás diferentes administracións que non contaban aínda con informe favorable”.
Gueimunde revela que “faltan informes sectoriais”. E, máis concretamente, subliña que “están pendentes os informes de patrimonio natural e dos organismos dependentes do Goberno: ADIF solicitou correccións e o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital informou desfavorablemente ata en dúas ocasións neste ano en materia de telecomunicacións”.
A portavoz popular engadiu que deben notificarse individualmente aos titulares catastrais das 1.155 parcelas incorporadas en ámbitos de actuación e responder ás 524 alegacións presentadas. “Tendo en conta que cada parcela podería ter varios propietarios, a comunicación multiplicaríase exponencialmente igual que o traballo de comunicación”, explicou. Así mesmo, advertiu que “están pendentes de revisión e actualización os documentos de memoria e normativa urbanística” de forma que atendan ás modificacións que se produciron na lexislación.
Ao respecto, a portavoz popular explica que “10 dos informes favorables datan do 2011 polo que “é probable que se lles requira actualización despois de tantos anos” xa que “unha vez se conte co documento completo haberá que adaptalo á normativa actual, pois moitos deles teranse quedado obsoletos”.
E, unha vez obtidos tódolos informes sectoriais e corrixidas as deficiencias do documento, a tramitación do PXOM variará dependendo de se os cambios introducidos no documento desde a aprobación inicial supoñen ou non unha modificación substancial na ordenación do territorio.











A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



