Desde o mediodía haberá ademais degustación de tapas variadas da man da hostalaría de Cervo e Sargadelos (Caseto de Copa, Almacén, Taberna de Sargadelos, e A Sacabeira)
Cervo, 10 de xuño de 2024. A rexedora, Dolores García Caramés, xunto con representantes da A.C. Airiños do Xunco, presentaron a XV Festa de exaltación da carne de porco que terá lugar este próximo sábado, 15 de xuño.
Ese día, desde o mediodía a hostelería de Cervo e Sargadelos servirá diferentes racións cuxo denominador común será a carne de cocho.
Os locais participantes son:
O Caseto de Copa, con fígado encebolado e morro á feira
O Almacén, con lacón asado e hamburguesa Nacha Pop
A Taberna de Sargadelos, con raxo e torresmos
A Sacabeira, con orella á feira e costela ao forno caramelizada
Ás 19.30 horas está prevista a lectura do pregón que dará paso á festa de exaltación con racións de costela, chourizo, pan e viño, a un prezo de 7 euros, na Praza dos Souto. Ademais sortearase un “cochinillo” durante o día.
Como broche de ouro da Festa, terá lugar un guateque do programa Arruguiñas, a partir das 22:00 horas, protagonizado por DJ Ovo, na Praza do Souto.
O Concello de Cervo convida a veciños e visitantes a asistir a esta Festa xa tradicional en Cervo que vai pola XV edición.






















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



