Despois dun ano de mandato tivemos moitas ocasións para comprobar que desde o goberno municipal había moita intención de aparentar grandes medidas que disimulasen a súa inacción. Pero o ocorrido desde hai uns quince días é de tal rotundidade que non hai maneira de ocultar tanta vergonza.
Xa vai para dúas semanas que o alcalde anunciou a todo bombo a sinatura dun convenio coa Xunta de Galicia para achegar 700.000€ para a reforma integral do Hospital Asilo. O BNG de Ribadeo manifestou o seu agrado por tal feito, aínda que tamén manifestamos que íamos prestar atención para comprobar se efectivamente se cumpría esa promesa. Pouco durou a ilusión: a realidade é moi teimuda. Ribadeo merece un respecto, merece honradez, honestidade e sinceridade. E non engano tras engano.
Parémonos por un momento a reflexionar sobre a situación das obras de reforma do Hospital Asilo. A verdade é que Xunta debería sufragar o custe total desta da obra, pois trátase dunha competencia súa. É máis, o goberno da Xunta xa debería ter colaborado hai anos coa construción da Residencia de Persoas Maiores de Ribadeo, pero mirou cara a outro lado, pensando máis nos propios intereses do PP que no pobo de Ribadeo. E agora, unha vez máis, o PP desenténdese de Ribadeo, o concello de máis poboación que gobernan os populares na provincia de Lugo. Salta á vista que no PP galego pensan máis noutros intereses partidarios, ou dunha parte ou familia do partido. É máis que evidente que nin o PP de Ribadeo, nin o alcalde e ex deputado autonómico, teñen influencia no PP de Galicia. E resulta ben rechamante como outros concellos, aos que felicitamos por lograren tal compromiso da Xunta, conseguiron ese convenio. O señor Daniel Vega pon moita fachenda na súa capacidade de xestión, pero os resultados resístenselle. Non lle fan caso.
Desde o BNG seguiremos presionando para que a Xunta cambie de actitude e acabe asinando o convenio de colaboración co Concello de Ribadeo para a reforma integral do Hospital Asilo. Agradaríanos moito observar ese cambio na Xunta de Galicia. Por varios motivos: primeiro porque é o que sempre manifestamos ao tratarse dunha competencia autonómica; e tamén porque posibilitaría que Ribadeo, reconducindo o préstamo tramitado polo anterior goberno para garantir o financiamento desta obra, puidese destinar fondos e recursos para financiar outras iniciativas que mellorasen as condicións de vida e o benestar das veciñas e veciños de Ribadeo. Pero temos que lamentar que cada semana que pasa sen que se asine dito convenio é un tempo perdido. Este mesmo luns comprobamos outra vez máis como o consello da Xunta volve excluír o Concello de Ribadeo para esta axuda. Non se pode seguir así. Xa levamos demasiado tempo perdido. O alcalde de Ribadeo queima a súa credibilidade cada vez que anuncia a sinatura dese convenio e cada vez que fala. Do mesmo xeito, ao non ter resultados, tamén queima as posibilidades de dar outro destino a ese crédito privando aos ribadenses de mellores servizos.





















A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



