Ribadeo, 21 de xuño de 2024. Ribadeo reclama unha vez máis a baixada de prezos do solo industrial co obxectivo de atraer empresas para o polígono.
O alcalde, Daniel Vega, lembrou que “Ribadeo loita pola baixada de prezos do solo industrial. Dende o Concello nós fixemos un traballo importante. Vamos seguir traballando e xestionando con Sepes esa boa relación coas administracións, pero pedimos que se dean pasos. O que non podemos estar é agardando, esperando, sempre a que nos dean a noticia e despois nunca chega”.
O rexedor manifestou: “nosoutros tamén agradecemos que os dous deputados do grupo maioritario tanto Jaime De Olano como Paco Conde viñeran a Ribadeo e tamén non soamente facer unha visita e visualizar o polígono industrial, senón para trasladar ao Congreso dos Deputados unha proposta, unha proposición non de lei esixíndolle ao goberno actuar baixando o prezo do solo industrial e así ser un polígono industrial competitivo que dea cabida a empresas, que as empresas vexan como un polo industrial Ribadeo, que é o que necesitamos, industria, diversificar a nosa economía e, dende logo, cun prezo axeitado para as empresas no polígono industrial damos un paso moi importante”.
Vega engadiu: “esta proposta aos deputados non é confrontar, é para propoñer e chegar a un acordo para que Sepes entenda que Ribadeo ten unha proposta seria, en beneficio da actividade económica, e unha proposta para baixar o prezo do solo e así abrir as portas á inversión”.























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



