Sinalou que nas 309 limpezas activas realizadas e as recollidas nas xornadas de traballo de pesca ou marisqueo involucraron a arredor de 1.200 persoas e a 145 embarcacións de confrarías de pescadores repartidos por toda Galicia
Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2024. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destacou hoxe no Parlamento que o programa Marlimpo promovido pola Xunta permitiu a recollida entre os anos 2020 e 2023 de preto de 425 toneladas de lixo das costas galegas ao abeiro de 36 proxectos colectivos desenvolvidos no marco das convocatorias de axudas da Consellería do Mar para accións de protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de residuos. Estas accións involucraron arredor de 1.200 persoas e 145 embarcacións de confrarías de pescadores repartidas por toda Galicia e supuxeron un investimento público de máis de 1,6 millóns de euros.
O responsable autonómico explicou que dentro das recollidas activas destacan, nun primeiro termo, os preto de 133.000 quilos de vidro e cerámica pois constitúen o 32% do total, seguidos de produtos naturais (como algas, pólas ou paus de madeira, entre outros) con máis de 108.700 quilogramos, o 26%; e case 87.000 quilos de plásticos; seguidos en menor medida de residuos de goma como os pneumáticos (8%), metal (5%), téxtiles varios (3%) e outros materiais variados (5%).
O titular de Mar sinalou que dentro destas iniciativas desenvolvéronse 169 accións para mellorar a concienciación ambiental, a formación e a colaboración entre os axentes implicados. Entre elas charlas e xornadas formativas, material divulgativo, obradoiros, reportaxes de vídeo e exposicións.
Por outra banda, Alfonso Villares informou que na súa execución participaron confrarías de pescadores, organizacións de produtores pesqueiros e outras entidades asociativas do sector en Galicia como as ONG en alianza coas entidades do sector ou conxuntamente cos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP).
Dos 36 proxectos desenvolvidos, 32 consistiron na recollida activa de lixo por mariscadoras e mariscadores e embarcacións -con días de saída específica para retirar residuos de determinadas zonas- e os catro restantes de recollida pasiva, sacando do litoral os refugallos que chegan nos aparellos durante os traballos ordinarios de pesca ou de extracción de recursos marisqueiros.
En total nos últimos tres anos realizáronse 309 limpezas activas nas que participaron máis de 705 persoas e 30 embarcacións, algunhas delas formando parte de accións desenvolvidas en distintos anos, totalizando case 414 toneladas. Da recollida pasiva formaron parte preto de 470 profesionais do mar e arredor de 115 embarcacións, sumando algo máis de 10,2 toneladas máis á cifra global.
Implicación do sector
O conselleiro do Mar salientou que as iniciativas desenvolvidas ao abeiro das axudas da Consellería do Mar son un exemplo do alto grao de implicación do sector na protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños, como demostra tamén o feito de que máis do 60% dos plans de marisqueo xeral para o período 2021-2023 e preto do 70% dos plans de xestión de recursos específicos de 2022-2024 inclúan accións de recollida de lixo mariño nos seus obxectivos ecolóxicos a tres anos.
Ademais, a cifra de proxectos aumenta progresivamente, o que demostra o interese e a implicación do sector nestas tarefas. De feito, no marco da primeira convocatoria destes apoios -do ano 2020- executáronse cinco proxectos e na última -a de 2023- executáronse doce, é dicir, máis do dobre.
Todas estas iniciativas enmárcanse no plan Marlimpo da Consellería do Mar, co que se pretende contribuír a acadar un ambiente costeiro e mariño limpo, saudable, produtivo e bioloxicamente diverso e unha redución da cantidade de residuos existentes nas zonas costeiras. A través del tamén se busca que os sectores pesqueiro e marisqueiro integren nas súas operativas boas prácticas que contribúan á protección do medio mariño.




















Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.
O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Celebrarase o venres 29 de maio ás 17:00 h e será gratuíta. Abordará o papel dos poliquetos no ecosistema mariño, as súas características e os riscos do uso de especies exóticas, con proxeccións e maquetas de varias especies empregadas como cebo. Impartiraa o grupo BIOCOST da Universidade da Coruña e está organizada por Posta de Encontro xunto con RedeMar, Xunta de Galicia, Federación Galega de Confrarías e a UDC. Reservas: WhatsApp no 634 97 08 86; 982 13 19 23; buenas@capturaspesca.com ou directamente na tenda Capturas Pesca, onde se celebrará o evento (Av. Leopoldo Calvo Sotelo 49, Ribadeo).



