A Pontenova, 9 de xullo de 2024. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Rural, ofrece o soporte técnico e financiamento necesario para a posta en marcha da Rapa das Bestas de Neipín. Equus Norte organiza esta actividade que nace o 20 de xullo na Pontenova co obxectivo de promover a actividade gandeira na Mariña e na Provincia de Lugo.
O deputado de Rural Daniel García presentou a cita xunto a Javier Veiga, presidenteda entidade organizadora, Isabel Couto, tenente de Alcalde e o concelleiro Xorxe Gómez. A I Rapa da Pontenova súmase á axenda da comarca na que se inclúen eventos históricos como Candaoso, en Viveiro, ou Campo do Oso, en Mondoñedo.
García explicou o apoio de 18.000€ dende a área de Rural “para a posta en marcha desta cita á que desexamos unha longa vida. Por unha banda a achega permitirá a elaboración e instalación dun curro desmontable de 300m2 que permitirá a celebración das actividades este ano e en futuras edicións. Tamén se colabora con outros gastos como a degustación gastronómica de carne de poldro de pura raza galega que se realizará o venres 19 de xullo da man de PURAGA nos locais de hostalaría da vila”.
Pola súa banda, Veiga sinalou a importancia deste evento que “achegamos ao público, xa que era unha iniciativa que levaba a cabo Alejandro Salvatierra de xeito particular e que agora ábrese a todo o pobo. Continuamos así dinamizando o concello da Pontenova, e agardamos o éxito xa nesta primeira cita, na que ademais agardamos un centenar de cabalos”. O organizador sinalou que traballan nun plan de tráfico e porán a disposición dos asistentes un aparcamento.
A Rapa comezará o sábado 20 de xullo ás 11:30 horas coa entrada das reses e marcaxe. Posteriormente realizarase unha sesión vermú e as persoas que fagan a reserva previa poderán participar na comida. Xa pola tarde será a quenda de DJ Bombardero e un espectáculo de doma por parte do pontenovés Lombardero. O venres os locais de hostalería do concello celebrarán unha degustación.
Dende a área de Rural de Vicepresidencia dáse valor á Rapa das Bestas, unha tradición con moito arraigo en toda A Mariña, así como en Galiza, e que A Pontenova agora recupera para o goce da veciñanza e visitantes. É un ben que forma parte do noso patrimonio natural e cultural que se debe defender e promover como tal.
























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



