Mariña Gueimunde: “Vense de celebrar o primeiro ano da derrota electoral da alcaldesa e dous concelleiros da relevancia política das áreas de turismo e deporte xa abandonaron decepcionados pola decadencia e esgotamento dun goberno en minoría que esmorece nun bucle de desidia e indolencia”
Viveiro, 22 de xullo de 2024. A renuncia do edil de Deportes, Eleazar Rodríguez, únese á de Marisol Rey, edil de Turismo, dúas concellerías de gran importancia no municipio, que a xuízo da portavoz municipal do PP de Viveiro, Mariña Gueimunde, “constatan a liña de declive e decrepitude na que se atopa o goberno bipartito, sen ideas nin plans para un Viveiro sumido na parálise máis absoluta”. A popular engade: “os perfís que os socialistas venderon nas eleccións como independentes, comprobaron de primeira man que o que se lles prometeu para que se incorporaran á candidatura era todo fume, e só foron utilizados coma un reclamo electoral e relegados coma un clínex rematado ese cometido”.
Mariña Gueimunde lamenta que o deporte da localidade sufra un novo revés ao perder un imprescindible interlocutor directo que saiba do que fala: “o señor Eleazar non tivo tempo de facelo nin ben, nin mal, suponse que foi levado nunha candidatura polos méritos da súa experiencia na xestión deportiva, e puidera ser que por esa mesma experiencia, ao constatar a inercia de pasividade e desidia do goberno bipartito, e os incumprimentos co deporte, prefire apartarse de onde non lle deixan facer”.
Así, a portavoz do PP insta á alcaldesa “a buscar un substituto con solvencia a quen permitan traballar polo deporte, que segue abandonado á súa sorte polos incumprimentos dos compromisos, pola falta duns criterios económicos transparentes e obxectivos, pola inexistencia dun plan de conservación das instalacións e agora engádese, unha vez máis, a ausencia dun edil específico con algunha experiencia no eido do deporte que poida atender en primeira persoa as demandas e necesidades dos clubs”.
Gueimunde pregúntase quen ocupará a praza vacante que deixa este edil “segundo parece non hai moito interese nos integrantes da lista en sumarse ao grupo municipal; despois de que o PSOE incorporase a catro independentes nos oito primeiros postos da súa candidatura”. E, engade, “todo apunta a que a alcaldesa asumirá as funcións da concellería de deportes e xa vimos o atendido que estivo o deporte na anterior lexislatura baixo a súa batuta”.
A popular conclúe que “neste primeiro ano da derrota da alcaldesa, o bipartito segue nesa deriva a ningures que o PP non se vai cansar de reprobar, onde tamén son os propios os que foxen deste desbaraxuste, quen mellor retratan o desgoberno no que se atopa o Concello de Viveiro”.





















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



