O deputado de Rural, Mar e Mocidade explicou estre novo programa que conta cun orzamento de 200.000€ e beneficiará a 500 cabezas desta raza autóctona
Lugo, 30 de agosto de 2024. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo presentou este venres no Pazo de San Marcos Marela!, un novo programa para a promoción e potenciación das reprodutoras inscritas da Raza Rubia Galega nas explotacións da provincia de Lugo. O deputado de Rural, Mar e Mocidade Daniel García foi o encargado de detallar este programa que nace co obxectivo de promover o desenvolvemento do sector gandeiro, como sector estratéxico da economía da provincia, co fin último de propiciar as condicións óptimas para que se produza unha fixación real de poboación no medio rural.
Marela! conta cun orzamento de 200.000€ e beneficiará a 500 animais con axudas unitarias de de 400 € por animal, cun límite máximo de 6 animais por granxa que cumpren cos criterios establecidos nas bases. As bases serán publicadas o vindeiro luns, día 2 de setembro.
Daniel García explicou que “con Marela! queremos apoiar a un sector que leva sendo castigado de xeito histórico e recorrente nos últimos anos, e máis recentemente durante a pandemia da COVID, a crise da guerra de Ucraína pola suba do conxuntos dos elementos que forman parte do proceso produtivo, a excesiva burocratización na tramitación das axudas da nova PAC e recente elevadísima incidencia da EHE e da lingua azul nos animais das ganderías”.
Poden ser beneficiarias tanto as persoas físicas como xurídicas, titulares de explotacións gandeiras da provincia de Lugo, que críen animais bovinos de pura raza Rubia Galega, sempre que posúan al menos unha femia reprodutora desta raza, nacidas nas propias granxas, que pasara o Rexistro Definitivo do seu Libro Xenealóxico durante o pasado 2023.
Ademais deben ter acreditado como mínimo un parto antes dos 30 meses, que superen unha cualificación lineal mínimas e 40 puntos, que non posúan defectos e que obteñan un resultado positivo de filiación cos seus proxenitores (un test de paternidade e maternidade). Os animais beneficiarios da axuda deben permanecer polo menos durante 3 anos na granxa do titular solicitante, con posibilidade de subrogación dos dereitos.
“O sector do vacún de carne é un dos sectores económicos máis importantes do noso rural. Lugo conta con máis da metade de todas as granxas galegas, o que amosa un fiel reflexo do papel estratéxico deste sector no agro da provincia de Lugo. O sector primario é vital tanto desde un punto de vista económico, como social coa fixación de poboación no rural; como ambiental, pola xestión dos territorios do interior e da montaña e a prevención no risco de lumes forestais”, detallou o deputado.
“As vacas sempre foron, son e serán parte da nosa identidade como pobo e da nosa cultura, parte do noso sustento e da nosa familia”, defendeu así a creación deste programa que axudará a gandeiros e gandeiras da provincia.
O material necesario para a solicitude estará á disposición de todas as persoas interesadas no BOP da provincia de Lugo do 2 de setembro, así como na propia sección da área rural na páxina web da Deputación de Lugo. A documentación deberá rexistrarse a través da sede electrónica da Deputación de Lugo ou fisicamente no Rexistro provincial antes do 23 de setembro. As solicitudes tramitaranse en rigoroso orde de entrada, tal e como se recolle nas bases.


















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



