Lugo, 9 de agosto de 2024. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo patrocina a V Copa Deputación de Fútbol Sala, na que participarán 40 equipos de 3ª División Nacional Masculina, Preferente Masculina, 1ª e 2ª Autonómica Masculina, Preferente Feminina e 1ª Autonómica Feminina e que se disputará do 1 de setembro ao 1 de novembro
O sorteo dos emparellamentos celebrouse este xoves no Pazo de San Marcos , coa presenza do responsable de fútbol sala da Federación Galega de Fútbol en Lugo, Iván Pico, e dos clubs participantes.
A Vicepresidencia da Deputación financia a Copa, cunha achega de 22.200 euros – un dez por cento máis que na última edición- que se distribúe entre os equipos con premios en función dos partidos disputados e das eliminatorias superadas (entre 200 e 385 euros), ademais de premiar aos equipos campións (entre 550 e 800 euros) e subcampións (300 e 450 euros) de cada categoría.
O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro explicou que “co patrocinio desta competición reforzamos o apoio aos clubs de fútbol sala da provincia que, ademais de beneficiarse economicamente da participación, teñen a oportunidade de comezar a competir e traballar na posta a punto de cara a temporada” e ratificou “o compromiso da Viceprsidencia da Deputación cun deporte que goza dun gran nivel competitivo na provincia”.
Preferente e Primeira División Feminina
Equipos participantes (9 equipos)
Ribeira Lieders FS, Concello de Begonte FS, Grupo Forma-T Vilalba FS B, Praias de Barreiros CD, Burela Pescados Rubén B, Os Meigallos, FSF Castro Supexport B, SD Castroverde, Taboada Futsal
3ª División Nacional Masculina e Preferente Masculina
Equipos participantes (12)
Ribeira FS B, Outeiro de Rei SD, O Korreo Guitiriz FS, Insuas do Miño Rábade FS, Grupo Forma-T Vilalba FS B, Praias de Barreiros CD, Concello de Begonte FS,
Fonsagrada FS, Os Meigallos FS, Club Deportivos Casás, PM Friol FS, ADC Lugo Sala Automóbiles Losada B
Primeira e Segunda División Masculina
Equipos participantes (19)
CD Chao, Castroverde FS, Samos FS, PM Friol FS B, Decotropic FS, O Korreo Guitiriz FS B, Outeiro de Rei SD B, Concello de Begonte FS B, Luisitalia, Cubelas, Puebla Futsal, Trabada Futsal, SD San Lázaro, Oural FS, Abella FC, FSF Castro Carnemax, A Lareira Os Meigallos FS B, Club Lemos FS, Desguaces Herbón






















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
