O horario da mostra será de 11:00 a 13:00 polas mañás e de 18:00 a 20:00 polas tardes
Burela, 22 de agosto de 2024. O Concello de Burela acolle a exposición “Luces de Alén Mar. As Escolas de Americanos en Galicia”, do Consello da Cultura Galega, na sala de exposicións da Casa da Cultura ata o 10 de setembro.
A mostra estará dispoñible para a súa visita nun horario de 11:00 a 13:00 polas mañás e de 18:00 a 20:00 polas tardes. Encádrase dentro da conmemoración do centenario das coñecidas como “Escolas Vellas” de Burela.
O Concello presentou a exposición xunto ao Consello da Cultura Galega nun acto no que interviron Rosario Álvarez Blanco, presidenta da institución, e a burelá Emilia García López, responsable de Acción Exterior da mesma.
A alcaldesa Carmela López sinala que “a mostra non só nos permite afondar nas nosas raíces e recoñecer o valor da nosa diáspora, senón que tamén serve como un testemuño vivo da riqueza cultural que Galicia ten para ofrecer ao mundo”.
“É unha inspiración para todos aqueles que amamos e respectamos a nosa identidade colectiva”, destaca a rexedora, que insiste “no orgullo que supón para o Concello colaborar cunha institución do prestixio do Consello da Cultura Galega”.
O tenente de alcaldesa Mario Pillado agradeceu pola súa banda “a participación de Rosario Álvarez Blanco e Emilia García López no acto, no que deron as claves da exposición e remarcaron que os proxectos das Escolas de Americanos en Galicia foron únicos en toda Europa”.
“Para nós é especialmente importante, no marco da celebración do centenario das Escolas Vellas, poñer en valor o papel da muller tanto na emigración, como na educación e na sociedade galega en xeral dende sempre”, subliñou Pillado.
O concelleiro resaltou así mesmo “a importancia da contribución da emigración e das persoas migrantes tanto na orixe como no destino, dende sempre”. “Nunha vila coma Burela témolo que ter moi claro, e por iso valoramos tanto esta colaboración e esta exposición”, afirmou.
“Faremos todo o posible para seguir colaborando no futuro co Conselllo da Cultura Galega e seguir acollendo actividades como esta”, concluíu o edil.























As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



