Haberá un posto de seguridade e instalarase tamén un Punto Lila
Cervo, xullo de 2024. O Concello de Cervo organizará a XXXVII Festa da Maruxaina o sábado 10 de agosto.
A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, os concelleiros Mali Méndez, Alfredo Fernández e Adrián Arias, e por unha representación da asociación Amigos da Maruxaina, que se encarga da pre-maruxaina, e tamén do xuízo a medianoite, e representantes da asociación a Anxuela, nunha festa na que tamén colaboran Mar de San Ciprián, que organizará os Xogos Populares na Praia, e Mulleres de San Ciprián, que colabora na venta das tazas e das camisetas personalizadas na caseta que se instalará na Praza dos Campos.
Ese día 10 serán os actos centrais, pero xa o venres terá lugar a Pre-Maruxaina co gran chupinazo ás 19:00 horas na Praza Nardo Martíndez, seguido da concentración de Maruxainos e Maruxainas, onde haberá degustación de empanadas típicas galegas e bolos preñados. Ás 21:00 horas está previsto o nomeamento do Maruxaino ou Maruxaina de Honra 2024, a cargo da Asociación Amigos da Maruxaina.
Xa o sábado, 10 de agosto, será o día grande, que estará animado desde primeira hora polo ritmo de diferentes charangas e gaiteiros. Ás 11:00 horas será o chupinazo e a xuntanza de Maruxainos e Maruxainas está prevista para as 12:00 horas, na Praza Nardo Martínez, que iniciarán o paseo polas rúas do pobo ao son das gaitas e os cornos.
Ás 12:30 horas arrincará o ritmo das charangas que percorrerán San Cibrao durante todo o día. Nesta ocasión serán a Charanga Carmiña, a Charanga Tambukada, a Louband Street Band e Mekánika Rolling Band.
Á tardiña, ás 18:30 horas, están previsto o inicio dos xogos populares na Praia do Torno, organizados por Mar de San Ciprián coa colaboración do Concello.
Xa ás 23:00 horas será o desembarco da Maruxaina na Praia do Torno. Durante o traxecto as persoas asistentes poderán gozar dun espectáculo de fogos de artificio.
Ás 00:00 horas será o gran xuízo popular, organizado por Amigos da Maruxaina, amenizado polo grupo folklórico Mistura, seguido dunha degustación de balde de queimada na Praza dos Campos.
A continuación, haberá verbena coas orquestras Arizona e Kalima 3.0.
Desde o Concello de Cervo animan a veciños e visitantes a desfrutar desta Festa declarada de Interese Turístico Galego, que é un reflexo da conexión histórica de San Cibrao co mar, sempre avogando por unha celebración na que a diversión sexa o máis sá e harmónica posible, mantendo o espírito orixinal da festa.






















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



