Ribadeo, 27 de agosto de 2024. O vindeiro mércores, 28 de agosto, arrincará en Ribadeo o XIII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que organiza Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia).
Medio cento de persoas participarán nunha cita, que conta coa homologación da Consellería de Educación. O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explicou que “os participantes son de Galicia principalmente. Tamén hai xente da zona de Toledo, de Murcia e tamén de Asturias, pero a maioría son xente de Galicia. Trátase de profesores de FP, técnicos de talleres, persoas vinculada ao mundo do motor e este ano tamén contamos cun grupo de alumnos da Universidade de A Coruña”.
O obxectivos do Fórum de Apaga son: establecer un punto de encontro entre o profesorado da familia profesional de transportes e mantemento de vehículos, coñecer as últimas tecnoloxías e integrar ao traballadores en activo nos procesos de formación ao longo da vida laboral. Durante as tres xornadas do evento tamén será presentado o plan estratéxico de internacionalización da asociación para o período 2024-2027 e tamén se darán a coñecer os resultados dos proxectos Erasmus + realizados por Apaga en 2022 e 2023.
Doural confirmou que “son tres días moi intensos de actividades, charlas, a asemblea xeral de Apaga e tamén a homenaxe a Pedro Álvarez, que foi un colaborador noso e da asociación, que morreu recentemente e se lle vai facer unha homenaxe aínda que se merece moitas máis cousas porque era unha persoa moi vinculada á formación profesional e a Apaga, onde sempre estivo a botar unha man nos momentos difíciles, que é de agradecer. Despois está o tema da internacinalización, que cada vez vai collendo un impulso máis forte. Agora co tema de Hispanoamérica vai estar un profesor da Universidade de Chile para facer unha ponencia. É dicir, que o programa recolle unha serie de cuestións moi importantes, o que é formación profesional, a relación coa empresa e a vida de Apaga ata o momento”.
O presidente de Apaga tamén se referiu á homologación do XIII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos: “é unha actividade homologada pola Consellería de Educación. A parte seguimos nun mundo no que para todo necesitas puntos e todas as horas de formación. Xa desde hai varios anos a actividade ven sendo homologada, neste caso son 24 horas que lles servirán aos profesores para os concursos de traslados ou outro tipo de iniciativas para as que precisen presentar uns méritos”.
Feira do Vehículo Novo e Usado
Como actividade complementaria ao Fórum Apaga organiza este ano a I Feira do Vehículo Novo e Usado, que terá lugar no porto de Ribadeo os días 31 de agosto e 1 de setembro. Doural contou que “isto é unha iniciativa que nos pediu algunha empresa para mover un pouco este tema. En principio é unha cousa moi modesta. Participarán catro empresas e sobre sesenta vehículos entre novos e usados. É unha proba, a ver como funciona, as sensacións de mellora que hai que establecer e en próximas edicións poder facelo con máis tempo, incorporar máis empresas… Como é a primeira vez que organizamos este tipo de evento tampouco sabemos moi ben como poden ir as cousas. Esperemos que vaia ben e que polo menos o tempo nos axude, que é unha cousa importante”.






















A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



