Viveiro, 13 de agosto de 2024. A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Viveiro, liderada por Míriam Bermúdez, anuncia que o texto definitivo da nova Ordenanza Municipal de Convivencia, Limpeza e Residuos xa está listo para ser levado a pleno no próximo mes de setembro.
Esta ordenanza, elaborada co obxectivo de mellorar a calidade de vida e o benestar dos veciños, aborda de maneira exhaustiva diferentes aspectos que afectan ao día a día no municipio.
“Con esta nova ordenanza, queremos establecer unhas bases sólidas para garantir a limpeza e o respecto polo noso entorno, promovendo unha convivencia máis harmoniosa e respectuosa en Viveiro”, afirma Míriam Bermúdez, concelleira de Medio Ambiente.
Entre os puntos máis destacados que regula esta nova normativa inclúese a obrigatoriedade dos propietarios de cans de recoller os excrementos das súas mascotas en espazos públicos. Esta medida, que responde a unha demanda social crecente, busca garantir un entorno máis limpo e hixiénico para todos.
Ademais, os locais con terrazas en vía pública estarán obrigados a manter limpas as súas áreas, debendo varrer as terrazas ao final de cada xornada. Este requisito pretende evitar a acumulación de lixo e restos que poidan prexudicar a imaxe e o ambiente do municipio.
Outro aspecto relevante é a regulación do abandono de enseres na vía pública. A ordenanza establece a obrigación de notificar previamente ao Concello para a recollida de mobles e outros obxectos voluminosos. Esta disposición busca combater o depósito incontrolado de residuos e fomentar unha correcta xestión dos mesmos.
A loita contra o vandalismo tamén ocupa un lugar central nesta nova normativa. Prohíbense expresamente as pintadas e calquera tipo de dano ao mobiliario urbano, co fin de preservar os espazos públicos e garantir un entorno agradable para todos os cidadáns.
En relación co réxime sancionador, a nova ordenanza introduce un sistema de multas para aqueles que incumpran as normativas establecidas. As infraccións leves serán sancionadas cunha multa de 50 ata 750 euros, as infraccións graves con multas que irán de 751 a 1.500 euros, e as infraccións moi graves poderán acadar sancións de 1.501 a 3.000 euros. “Estas sancións non son un fin en si mesmas, senón un medio para garantir que todos contribuímos ao coidado do noso municipio,” engadiu Bermúdez.
A nova ordenanza representa un paso firme cara a unha convivencia máis harmoniosa e respectuosa en Viveiro, coa mirada posta na preservación do medio ambiente e na mellora da calidade de vida dos veciños. O texto será debatido e, previsiblemente, aprobado no pleno do mes de setembro, tras o cal entrará en vigor.























Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



