Pilar García Porto presidiu a reunión do Consello Provincial de Turismo na que se decidiu distinguir á Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite de Ribas de Sil, a Feira do Capón de Vilalba, A Ruta dos Lobos da Fonsagrada, a Mina Consuelo e Boulloso da Pontenova e o Barco Museo Reina del Carmen de Burela
Lugo, 13 de setembro de 2024. A Vicepresidenta do Consello Provincial de Turismo e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presidiu este xoves no Salón de Plenos a reunión do Consello Provincial de Turismo na que se fallaron os sextos Premios á Excelencia de Turismo nas categorías de Lugo Cambia ao Turismo Lucense, e, …E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense, e ao Turismo Sostible. Uns premios instaurados por este órgano participativo e consultuvo que creou a institución provincial.
Na categoría Lugo Cambia ao Turismo Lucense o xurado dinstinguiu A Ruta dos Lobos da Fonsagrada e a Mina Consuelo e Boulloso da Pontenova; na de …E para comer, Lugo á gastronomía lucense premiouse á Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite de Ribas de Sil, e a Feira do Capón de Vilalba; e na de Turismo Sostible cun único premio foi concedido ao Barco Museo Reina del Carmen de Burela, e outorgouse un accésit á Mostra Exposición de Muimenta (MOEXMU).
“Estes galardóns, instaurados por este órgano participativo e consultivo que creou a institución provincial, representan un merecido recoñecemento ao traballo e á traxectoria exemplar de empresas, persoas, institucións ou entidades no ámbito do turismo e a gastronomía da provincia”, explicou Pilar García Porto.
A decisión adoptada polo Consello Provincial de Turismo debe ser agora aprobada pola Xunta de Goberno da Deputación de Lugo, como órgano competente para a resolución da convocatoria dos distintivos, e posteriormente publicarase no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Os premiados recibirán a súa distinción nun acto que celebrará a institución provincial o vindeiro 27 de setembro, con motivo do Día Mundial do Turismo.
O xurado estivo formado por 18 persoas que forman o Consello de Turismo, vinculadas a este sector e coa presenza de representantes dos tres grupos políticos da Corporación provincial.
A Vicepresidenta do Consello de Turismo destacou a “calidade e o nivel” das candidaturas presentadas, e destacou que son un claro exemplo do modelo de turismo polo que aposta a institución provincial como factor de desenvolvemento social e económico do rural, “un modelo sostible e de calidade, que aproveita o potencial do noso territorio, tanto histórico e medioambiental, como cultural ou gastronómico”.
Cinco recoñecementos en tres categorías
Na categoría Lugo Cambia ao turismo lucense, o xurado acordou distinguir a cinco proxectos turísticos e entidades da provincia, e un accésit, en función duns méritos e características propias que axudan a promover un turismo de calidade na provincia. Son as seguintes:
– A Ruta dos Lobos da Fonsagrada resultou distinguido polo ser unha cita cicloturística que vai máis aló do aspecto deportivo, que ten un efecto multiplicador e transversal para a comarca da Fonsagrada e o conxunto da provincia. A ruta nace como iniciativa dun grupo de persoas, afeccionados á bicicleta, que deciden ensinar de forma sostible o potencial dunha pequena localidade como é A Fonsagrada. A celebración desta cita amosa zonas dun alto valor medioambiental e ten unha enorme repecursión económica e vertente social.
– A Mina Consuelo e Boulloso impulsada polo Concello da Pontenova, foi premiada polo xurado pola súa aposta dos recursos locais, e por poñer en valor a arqueoloxía mineiro-industrial que conserva as súas orixes mineiras. O Concello da Pontenova restaurou no ano 2020 o antigo forno do Boulloso, situado xunto á Ruta do Ferrocarril, dando visibilidade ao patrimonio industrial ligado á minería de ferro. Posteriormente, en febreiro de 2022 habilitouse a Mina Consuelo para as visitas e inaugurouse a maior tirolina de Galicia, construída grazas ao apoio económico da Deputación Provincial de Lugo e que recrea o trazado do antigo tranvía aéreo mineiro. Esta infraestrutura constituíu un verdadeiro impulso do turismo deste concello, con incidencia na contorna da Mariña e en toda a provincia.
Polo que respecta á categoría …E para comer, Lugo á gastronomía lucense, o Concello de Ribas de Sil recibe este galardón pola súa Festa da Cereixa, do Viño e da Aceite que pon en valor tres produtos de calidade da gastronomía da provin ia. Hai xa 22 anos que o Concello de Ribas de Sil decidiu que era preciso poñer en valor un produto tan singular como é a cereixa, que fai que madure antes que en moitas outras zonas.
-Tamén nesta categoría foi galardoada a Feira do Capón de Vilalba pola súa antigüidade, singularidade, arraigamento e valor cultural. O capón de Vilalba ten unha longa historia, do cal temos referencias bibliográficas que nos falan da existencia de capóns na zona desde o ano 1521. Ademais, destaca por ser a única feira en Galicia destas características, sendo a máis arraigada no tempo, e conta cun elevado número de criadores de capóns na zona, e consumidores fieis a un producto de alta calidade, mantendo ano tras ano unha feira tradicional.
Por último, na categoría de Turismo Sostible resultou gañador o Barco Museo Reina do Carmen de Burela por dar a coñecer e conservar o patrimonio etnográfico relacionado coas xentes do mar. Durante as visitas guiadas ao Barco Museo búscase poñer en valor o uso de prácticas non invasivas para a biodiversidade oceánica e a concienciación sobre os problemas ecolóxicos, sociais e económicos que veñen dados polo uso de artes non controladas e de sobreexplotación dos mares. A aposta polas visitas escolares ao Barco mantense ano tras ano dada a importancia da educación ambiental desde a infancia.
O Consello de Turismo tamén decidiu outorgar na categoría Turismo Sostible un accésit á Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu).
Os premiados nas tres categorías recibirán os seus galardóns cun carácter honorífico e consistirán na entrega dun diploma acreditativo e dun agasallo.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



