Os consumidores poden escoller entre diferentes modalidades que inclúen menús deseñados para esta campaña, estadías e actividades complementarias como visitas culturais, roteiros de sendeirismo ou paseos a cabalo
A Pontenova, 17 de setembro de 2024. A Xunta de Galicia ten en marcha ata o 15 de decembro a 18ª edición do programa Outono Gastronómico de Turismo Rural, a iniciativa coa que cada ano promove as viaxes fóra da tempada alta combinando o turismo rural e a gastronomía co fin de desestacionalizar e dar pulo ao sector. Nesta campaña participan 23 establecementos da provincia de Lugo.
O delegado territorial, Javier Arias, visitou hoxe un dos aloxamentos adheridos, Casona de Labrada, no concello da Pontenova, para dar a coñecer os detalles deste programa, ao que se adheriron un total de 77 negocios de toda Galicia.
Os consumidores poden escoller entre diferentes modalidades que inclúen menús deseñados especialmente para esta campaña, así como estadías dunha noite ou dunha fin de semana. A maiores, algúns establecementos ofrecen actividades complementarias, como visitas culturais, roteiros de sendeirismo, paseos a cabalo ou descenso en canoa, entre outras. Hai tamén paquetes para as familias que viaxan con nenos e nenas.
Na provincia de Lugo adheríronse ao 18 Outono Gastronómico dez casas de turismo rural da Zona Sur -situadas en Taboada, Folgoso do Courel, Chantada, O Saviñao, Pantón, Quiroga e Sober-; cinco da Mariña -en Cervo, Foz, Lourenzá, A Pontenova e Trabada-; tres na comarca de Lugo -en Castroverde, Lugo e O Corgo-; e outras cinco en Castro de Rei, Cervantes, Monterroso, As Nogais e Sarria.
Javier Arias destacou que o obxectivo deste programa é “dar pulo ao sector do turismo rural, dinamizando a oferta fóra das épocas de maior ocupación” e instou a todos a “aproveitar esta oportunidade para desfrutar dos excelentes produtos e servizos que temos en Galicia”.
A campaña Outono Gastronómico no Turismo Rural xerou nas súas 17 edicións anteriores preto de 6 M€ coa participación de máis de 92.000 persoas en toda a comunidade. Toda a información está dispoñible na páxina web de Turismo de Galicia.


























Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



