Foz, 28 de setembro de 2024. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, e o concelleiro de Relacións Institucionais, Carlos García, mantiveron unha reunión de traballo coa Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez; o Xefe da Demarcación de Estradas en Galicia, Ángel González del Río; a Xefa da Unidade en Lugo, Beatriz González del Riego; e outros técnicos. A xuntanza centrouse en proxectos e actuacións de interese para o Concello correspondentes á Dirección Xeral de Estradas.
“Estivemos tratando aspectos técnicos das obras en curso da nova rotonda no cruce de Gralleira – Ribela, en Cangas, sobre a estrada Nacional 642, relativos a servizos e conducións que se ven afectados e que hai que repoñer. A previsión que manexa a Demarcación é que este ano rematen as obras desta rotonda e no primeiro semestre do 2025 se execute a rotonda do cruce da N642 coa estrada LU162 a Ferreira e o centro cívico de Cangas”, explica o alcalde de Foz.
As obras de ámbalas dúas rotondas, que contan cun investimento de máis de 720.000 euros, son executadas pola empresa Matinsa dentro do contrato de conservación da rede do que resultou adxudicataria.
Fran Cajoto engade que “era un compromiso electoral, unhas obras moi necesarias por seguridade e para mellorar a mobilidade dos veciños da parroquia. Reunímonos en moitas ocasións, desprazámonos a Madrid e conseguimos que en agosto do ano 2022 se publicara a aprobación provisional do proxecto de trazado. Non vendimos fume, traballamos arreo e agora é unha realidade”.
O alcalde de Foz fala dos seguintes fitos: “a seguinte obra que faremos realidade é a mellora da intersección da N642 coa estrada LU152 na Corredoira. Está moi próximo a aprobarse o proxecto construtivo, último paso antes da contratación das obras. Vai a ser unha mellora moi importante para as veciñas e veciños de Santo Acisclo, Santa Cilla, San Martiño e Vilaronte, que en verán se enchen de paciencia neste cruce”.
Os representantes do equipo de goberno municipal tamén trataron os avances no deseño e aprobación do Terceiro Acceso. “Agardamos a primeira publicación no Boletín Oficial do Estado e estamos impulsando xa distintas melloras, para que sexa funcional e se adapte ás necesidades da nosa vila. Un Terceiro Acceso desde a variante vai a resultar unha mellora definitiva na mobilidade no noso casco urbano”, explica Cajoto.
O alcalde de Foz tamén demandou do Xefe da Demarcación avances na autovía A-74, “un proxecto fundamental para Foz pero tamén para toda a comarca da Mariña. Unha vía de alta capacidade completa que vertebre a Mariña, conformada por unha VAC Costa Norte que salve o tapón de Viveiro e que é responsabilidade da Xunta de Galicia e continuada pola autovía A-74 é unha absoluta necesidade. En Foz eliminaríamos ademais o tráfico das travesías de Cangas, Nois e Fazouro e serviría para impulsar transporte e turismo”.
Ademais o rexedor municipal demandou axilidade na publicación no BOE dos proxectos e trazado dos tramos Burela – Foz, Foz – O Carme e O Carme – Barreiros, en distintas fases de avance.
Alcalde e concelleiro agradeceron “a atención da Demarcación de Estradas e o impulso que se lle está a dar aos proxectos de interese do noso municipio”.
En palabras do edil Carlos García, “hai un proxecto de futuro no que todos os concelleiros estamos traballando arreo, coa coordinación tamén e o esforzo do alcalde. Nótase nos resultados, cunhas rotondas de Cangas que xa son unha realidade. Imos seguir por esta liña, buscando a seguridade, a mobilidade e o respecto e a integración co entorno. O que nos move son as persoas”.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



