O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, reuniuse con representantes da Asociación de empresarios Seara e de Cohempo, Asociación de comerciantes, hostaleiros e empresarios ponteses
Santiago, 25 de setembro de 2024. O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, mantivo hoxe un encontro con representantes da Asociación de Empresarios Seara e de Cohempo, Asociación de comerciantes, hostaleiros e empresarios ponteses. Unha reunón na que coincidiron na importancia e a necesidade de apoiar o desenvolvemento industrial en Galicia, e en concreto, en As Pontes.
Esta reunión enmárcase na comunicación constante e fluída que están a ter a Xunta e o empresariado pontés para abordar o seguimento dos proxectos industriais que se asentan ou se van asentar na comarca.
Nicolás Vázquez insistiu en que desde o Goberno galego se está a incentivar a axilización administrativa e a desburocratización para que todas as iniciativas se poidan implantar o antes posible. Neste sentido, puxo en valor o plan de aceleración de proxectos industriais ou a posta a disposición de solo empresarial gratuíto durante os primeiros oito anos.
A isto hai que sumar a creación da Oficina Económica de Galicia que ofrece un servizo centralizado de atención para o asesoramento integral ás empresas e que desde a súa posta en marcha no mes de abril, xa leva atendido máis de 7.000 solicitudes.




















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



