Ribadeo, 25 de setembro de 2024. Ribadeo será reivindicativo para conseguir o financiamento necesario destinado á mellora do abastecemento da auga. Para o alcalde, Dani Vega, este é un asunto prioritario. O Concello planifica tamén obras en moitas rúas da vila e de Rinlo.
O rexedor explicou que no pleno da pasada noite “aprobamos inversións para o futuro máis próximo. Estamos a falar do abastecemento da auga. Eu creo que é a inversión máis importante e é moi necesario renovar por completo a tubaxe. Necesitamos renovar toda a rede de subministro da auga. Non é un problema de recurso hídrico, senón que é un problema de que toda a tubaxe, aparte de ser de fibrocemento, está causando roturas. Durante todo este ano, xa levamos máis de 38”.
Vega contou que “estamos a falar de avarías continuas que afectan ás parroquias, afectan a Ribadeo e desde logo non se pode seguir falando do abastecemento da auga, o que hai é que ir concretando orzamentos. E aquí pedimos a colaboración tanto da Xunta de Galicia como da Deputación. É imposible asumir por completo a inversión por parte do Concello, o que necesitamos é que nos apoien as administracións. Esta moción é dirixida á Xunta de Galicia e á Deputación. E eu espero que nos orzamentos do 2025, que todas as administracións vamos planificando, a Deputación contemple unha partida concreta e a Xunta de Galicia tamén. Vamos ser moi reivindicativos porque xa digo, é un tema prioritario para o Concello e é un tema fundamental porque non soamente é renovar para o subministro da auga, senón tamén para xestionar o recurso hídrico”.
O Concello planifica tamén actuacións nas rúas de Ribadeo: “sabemos perfectamente que foron anos de 0 euros de inversión e polo tanto debemos actuar na rúa da Paz, na rúa San Francisco, na rúa Vilalba, no Barrio da Torre e tamén no Barrio Suso Peña e Alza-San Lázaro. Actuaremos tamén na rúa Reinante e nas rúas de Rinlo e vamos empezar pola rúa Pedro el Gordo”.
O alcalde tamén aludiu ás instalacións deportivas: “aquí debemos transmitir e trasladar unha agradecemento profundo a todas as entidades deportivas, que están traballando desinteresadamente e saben perfectamente que hai moitas carencias. Por exemplo, no pavillón que está situado na Rúa Alfredo Deaño hai máis caldeiros que en todo o Ribadeo xunto. Creo que é hora de investir, non se pode seguir falando, falando, falando e non facer absolutamente nada. Polo tanto, unha partida presupuestaria xa aprobamos para iniciar os traballos. Tamén mellorar o acceso do Pepe Barrera ou actuar dunha vez por todas no pavillón de Cubelas e nun novo campo de herba artificial. Aquí falouse moito. Eu creo que se concretou pouco, non hai ningunha dotación nestes momentos dunha parcela concreta, estamos estudando varias opcións. O noso compromiso, e sábeno todas as entidades, é que estamos pola labor de xestionar o orzamento porque é imposible que o fagamos nos por completo, non hai capacidade económica. Entón tamén aquí pedimos que a Xunta e a Deputación, en cada unha das obras que acabo de mencionar, en cada unha das infraestruturas, aporte o 40%, para cada unha delas e a Xunta o restante, e nosoutros tamén temos un compromiso orzamentario”.
Dani Vega anunciou que “vamos mellorar o auditorio, o escenario, tamén actuaremos na praza de abastos, aquí aportamos 30.000 euros para o proxecto. É verdade que xa temos unha subvención aprobada de máis de 20.000 euros, e tamén investir para mellorar o alumeado público tanto de Ribadeo como das parroquias”.
Para o alcalde o de onte “foi un pleno onde o goberno trasladou moitas mocións, moitas propostas, porque entendemos que debemos actuar con partidas concretas que nacen do propio presuposto municipal para cubrir esas subvencións, que en moitos casos son do 75% ou en moitos casos van ser do 40%, entendendo que a Xunta e a Deputación aporten”.
E subliñou: “un compromiso coa xestión, co traballo, tamén sendo rigorosos presupuestariamente, pero debemos avanzar porque hai moitas instalacións deportivas, culturais, tamén o tema que eu entendo e dentro do Concello entendemos que o abastecemento da auga é o prioritario nestes momentos. Seguimos investindo, seguimos xestionando e seguimos traballando para que a Ribadeo avance”.



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



