A convocatoria, dirixida a ganderías de ovino, cabrún e porcino, publicarase o xoves 17 de outubro no BOP
Lugo, 14 de outubro de 2024. A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a quinta edición do programa de axudas ao silvopastoreo e á gandería extensiva “O que non arde”, cun investimento de 120.000 euros, un 50 por cento máis que na última anualidade.
A convocatoria diríxise a ganderías de ovino, cabrún e porcino en extensivo. Así, as achegas teñen como obxectivo financiar gastos de instalación e mantemento de elementos de manexo do gando, desde pastores eléctricos e valados fixos ou móbiles ata accesorios para a alimentación ou módulos para a xestión dos partos do gando no monte. Ademais, por primeira vez, incorpórase como gasto subvencionable -ata un 20 por cento do importe solicitado- os gastos de desbroce previos á instalación destes sistemas de protección e manexo dos animais.
O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro explicou que “ área de Rural incrementa un ano máis o investimento neste programa, reforzando o apoio as ganderías extensivas que aproveitan os recursos naturais do monte, contribuíndo a recuperar zonas improdutivas ou abandonadas, reducir o risco de lumes e manter o rural vivo”
As achegas, que se outorgarán en réxime de concorrencia competitiva, oscilarán entre os 300 e os 6.000 euros por beneficiariA ou beneficiario. A convocatoria publicarase o xoves 17 de outubro no Boletín Oficial da Provincia, establecendo 15 días hábiles -ata o 8 de novembro – para tramitar as solicitudes.
Cuarta edición dun programa pioneiro
“O que non arde´” é o primeiro programa impulsado pola Deputación de Lugo en relación coa prevención de incendios e a xestión integral do monte. Na súa primeira edición, en 2020, o programa implementouse a través da colaboración cos concellos, que puideron solicitar axudas de Medio Rural para a roza e limpeza das faixas laterais da rede viaria municipal, así como para o mantemento da rede de faixas de xestión de biomasa coa plantación de especies arbóreas autóctonas.
En 2021, a convocatoria orientouse ao fomento do pastoreo preventivo por parte das comunidades de montes veciñais en man común, implicando a comuneiros e comuneiras no mantemento e limpeza das faixas de protección contra os lumes.
Nas tres últimas edicións, as axudas orientáronse a gandeirías extensivas de cabrún, ovino e porcino, financiando a instalación e mantemento de peches perimetrais e outros elementos para a rotación e manexo do gando nunha vintena de gandeirías das distintas comarcas, así como o desenvolvemento de programas de fomento do silvopastoreo por parte de asociacións gandeiras.
Efrén Castro valorou “o traballo realizado ao longo destes cinco anos para consolidar o programa, adaptándoo ás necesidades que nos trasladaron desde as asociacións agrogandeiras e desde os colectivos que traballan na xestión do territorio agroforestal e gandeiro” e tamén “a dimensión pedagóxica do programa que apela a implicación de gandeiras e gandeiros e das administración no fomento da gandeíra extensiva como barreira contra os lumes forestais e como ferramenta para contribuír ao equilibrio territorial e á fixación de poboación no rural”.
Coa convocatoria anunciada, a área de Rural suma un total de 360.000 euros destinados as suecesivas edicións do programa, que foi recoñecido como o mellor proxecto de apoio a gandeiría extensiva desenvolvido por unha Deputación pola oenegué internacional WWF Adena.























Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



