Comeza esta semana coa expectativa do que vai dar a convocatoria da Xunta aos grupos parlamentarios para esta quinta, 24-Ou, dirixida, seica, a acadar un pacto polo galego. A convocatoria di realizarse sen límites nin apriorismos. Isto é. dende logo, necesario, mais con isto non abonda. Porque só poderá haber unha contorna axeitada para o diálogo se a Xunta recoñece que ha modificar substancialmente a política lingüística desenvolvida dende a chegada de Núñez Feijóo á Xunta en abril de 2009. Modificación substancial que require de varias accións políticas susceptíbeis de negociación coa oposición (hexemonizada dende as últimas eleccións nacionais galegas, convén non esquecelo, polo BNG) e cos axentes sociais. Mais que, por riba de todo, esixe unha ampla remuda do marco xurídico canto ao ensino. Non só garantindo o ensino das matemáticas, física r química e o mínimo do 50% do uso da nosa lingua fixado no Decreto de 2008, senón introducindo eficazmente o galego como lingua das escolas infantís, nomeadamente nos ámbitos urbanos que o Instituto Galego de Estatística identifica na súa macroenquisa de 2023 como máis desgaleguizados.
De se cumprir esta condición habería existir capacidade en todos os interlocutores para o diálogo e a pescuda de acordos no ben dos intereses xerais do país. Mais, de non existir esta vontade no PPdeG, BNG e PSdeG non poderán desenvolver un diálogo sobre alicerces tan febles e haberían proporlle á cidadanía, logo dunha ampla consulta cos axentes da sociedade civil, un plan alternativo que fose tamén susceptíbel de ser trasladado aos gobernos locais dos concellos e deputacións galegas e ao ámbito dos usos sociais da lingua.
Velaí a responsabilidade histórica do PPdeG e, nomeadamente, daqueles dos seus sectores que din estar a prol do coñecemento e uso do galego. Porque, nunha conxuntura no que medra substancialmente a conciencia cidadá do risco de perda da lingua os populares poden ficar inequívocamente identificados como parte substancial e xénese do problema. Neste senso, ninguén pode afirmar que a emerxencia lingüística actual veña xerada só pola lexislación do ensino, mais tampouco pode negar que o Decreto de plurilingüismo de 2010 foi e segue a ser axente substancial do proceso de desgaleguización das novas xeracións ao longo destes anos.
De existir bases para o diálogo cumpriría ampliar a negociación a outros eixos fundamentais para artellar políticas transversais eficaces para frear ou, polo menos, facer minguar a intensidade do proceso que estamos a vivir. Neste senso, cumpriríaa, entre outras accións i) redeseñar a función da CRTVG na elaboración e difusión de contidos infantís e xuvenís, na promoción e difusión da xeración musical e cultural en galego e na apertura do espazo comunicacional galego á lusofonía, ii) reformar a nosa lexislación de consumo para garantir a efectividade do dereito de todas as persoas consumidoras a que empresas e profesionais se comuniquen con elas, a pedimento, en galego , na liña da lexislación catalá e da proposta de iniciativa lexislativa popular de 2014 da Mesa para a Normalización Lingüística, iii) promover canda os Parlamentos autonómicos e axentes sociais e políticos dos outros países e territorios con lingua propia do Estado a reforma da lei orgánica do Poder Xudicial para garantirmos o dereito para usarmos do galego na administración de xustiza, o que require garantir o coñecemento xeral e amplo do galego por todos os operadores e empregados públicos da mesma e iv) adoptar o recente informe do Consello de Europa sobre o uso da lingua galega no ámbito de Galicia para identificar problemas e obxectivos, como ven de afirmar o sociolingüista, profesor da USC e directivo da RAG Henrique Monteagudo.
Trátase, xa que logo, de pormos o galego no centro da axenda política e social.

















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



