Ribadeo, 29 de outubro, 2024. O grupo municipal do BNG denuncia que, desde hai dúas semanas, o centro de saúde volve estar sen pediatra tendo que asumir a carga de traballo o resto de facultativas, que tamén cobren a falta de outras médicas de familia.
Por todo isto, o BNG de Ribadeo convoca unha concentración mañá mércores ás 12 diante do Centro de Saúde para que se garanta que se cubran as ausencias da titular da praza de pediatría do Centro de Saúde de Ribadeo, como mínimo, todos os días laborables do ano.
A concelleira do BNG de Ribadeo, Raquel Ferreira explicou que: “Desde hai dúas semanas aproximadamente, Ribadeo atópase sen un servizo de pediatría permanente. Isto significa que uns 960 nenas e nenos de Ribadeo e do veciño concello de Trabada non dispoñen da asistencia sanitaria especializada que merecen e á que teñen dereito por lei. A solución provisional por parte do SERGAS parece ser contratar dous días a semana pola mañá un pediatra da sanidade privada. As crianzas que non poden ser atendidas nestes días son derivadas a médicas de familia que carecen da especialidade de pediatría e que pasan a engrosar aínda máis as súas xa de por si apretadas axendas. Como consecuencia están a sufrir retrasos na atención”.
“A finais de abril xa levamos unha moción ao pleno, que foi aprobada por unanimidade, para reclamarlle á Xunta e ao SERGAS unha solución real, permanente e duradeira a esta problemática que seguimos sufrindo cada certo tempo. Pasados os meses volvemos ver que nada se fixo e o alcalde de Ribadeo mantén o silencio cómplice. Parece ser que o seu histriónico “enfado” non valeu para demasiado. Por todo isto, convocamos a toda a veciñanza a unha concentración mañá mércores 30, ás 12h, diante do Centro de Saúde para reclamar, unha vez máis, unha atención pediátrica e primaria digna e volveremos pendurar a faixa na que se recolle esta reivindicación”, sinalou Ferreira.
























O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



