A alcaldesa vén de asinar coa entidade un convenio que supón unha axuda de 20.000 euros “co obxectivo de contribuír a que poidan manter a calidade do servizo que prestan, fortalecendo as iniciativas que teñen en marcha, e creando novas oportunidades para as persoas que o precisan”
Cervo, 15 de outubro de 2024. O Concello de Cervo colabora economicamente coa asociación Saúde Mental A Mariña reservando unha partida anual no seu orzamento para apoiar a esta entidade.
A rexedora, Dolores García Caramés, mantivo un encontro coa Directora Xeral Técnica da asociación Saúde Mental A Mariña, María José Nóvoa, e co seu presidente, Jorge Manchado, no que aproveitaron para asinar un convenio de colaboración que supón unha axuda nominativa de 20.000 euros co obxectivo de que poidan manter a calidade do servizo extraordinario que prestan desde a entidade tanto ás persoas usuarias como ás familias, destacando o gran labor que desenvolven, favorecendo a integración destas persoas con doenza mental na comunidade, a través dunha atención integral.
A alcaldesa destacou a relación periódica e fluída que existe entre a asociación e o concello, “sempre en permanente contacto para atender na medida das nosas posibilidades as súas necesidades e demandas porque a saúde mental é un tema que nos ten que ocupar e preocupar a todos”.
Apoiando a esta asociación –apuntou- non só estamos investindo nun recurso valioso, senón tamén enviando esa mensaxe clara de que a saúde mental, importa, e moito. Investir en saúde mental é investir no futuro da nosa comunidade.
A alcaldesa puxo de manifesto unha vez más o traballo da asociación, que desde as dúas unidades residenciais que ten en Cervo, proporciona un espazo seguro, e consigue crear sentido de comunidade envexable.
O seu labor axuda a fomentar a comprensión, e a derribar os muros de silencio que ás veces rodean estes temas.
Con esta axuda económica –engadiu- contribuímos a fortalecer as iniciativas que xa teñen en marcha, e a crear novas oportunidades para aquelas persoas que o precisan. Non só é un compromiso financeiro senón tamén unha mostra do apoio e recoñecemento á vital labor que realizan, dando pasos importantes cada día para derrubar os estigmas da saúde mental, sentenciou.























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



