Coa posta en marcha do programa, Ortigueira deixa de ser un dos poucos municipios galegos sen o servizo
Ortigueira, 10 de outubro de 2024. O Concello de Ortigueira activou hoxe o servizo de ‘Xantar na Casa’, un programa destinado a mellorar a calidade de vida das persoas maiores, dependentes ou en risco de exclusión social. A iniciativa proporcionará comida a domicilio a 28 familias do rural do municipio, garantindo unha alimentación equilibrada e adaptada ás súas necesidades específicas. O máximo de persoas que se poderán beneficiar deste servizo é 50.
Con motivo da posta en marcha do programa, o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, recibiu hoxe ao xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia, Perfecto Rodríguez, nunha visita que marca o inicio oficial do servizo no municipio.
“O servizo ‘Xantar na Casa’ é un paso fundamental na nosa política social. Chega directamente ás familias que máis o necesitan, sobre todo nas áreas rurais onde é máis difícil acceder a recursos de atención domiciliaria. Estamos comprometidos con mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas, e este programa é un claro exemplo de iso”, afirmou Calvín durante o encontro.
O programa, cofinanciado polo Concello de Ortigueira, a Xunta de Galicia e o Consorcio, ofrece menús completos a un prezo alcanzable de 1,76 euros para os usuarios, aínda que o custo real de cada menú é de 6,60 euros. As persoas beneficiarias, seleccionadas polos Servizos Sociais do Concello, recibirán os alimentos directamente nos seus fogares, garantindo así o seu benestar e comodidade.
Este servizo é unha mostra máis do avance en materia de servizos sociais en Ortigueira, que nos últimos meses implementou medidas como o SEETA, dirixido tamén a persoas dependentes. Coa posta en marcha de ‘Xantar na Casa’, Ortigueira únese aos máis de 190 municipios de Galicia que xa gozan desta prestación e acaba con esta anomalía.
Calvín destacou a importancia deste tipo de iniciativas na loita contra a soidade non desexada e o apoio aos colectivos máis vulnerables: “Seguimos avanzando en nuestra promesa de priorizar la política social. Para nosotros es fundamental garantizar que nadie quede atrás, especialmente las personas mayores y aquellas con dificultades de autonomía”.
As persoas que estean interesadas neste servizo poden informarse e iniciar o trámite nos Servizos Sociais municipais. O prazo de solicitude está aberto todo o ano.





















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



