A Mariña, 18 de novembro de 2024. A FCAM (Federación de Comercio A Mariña) inicia este xoves, 21 de novembro, no CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, o ciclo de charlas O futuro laboral na Mariña lucense.
A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explicou que “na FCAM estamos moi preocupados pola situación laboral desta comarca, hai moita oferta de postos de traballo en todos os sectores, que as empresas non son quen de poder cubrir. Hai empregos no comercio, na hostalería, nos hoteis e tamén en sectores como a automoción, o forestal ou os astaleiros, por poñer só uns exemplos, pero tamén hai demanda de profesionais como electricistas, fontaneiros, carpinteiros…”.
Cruzado Iglesias indicou que “desta preocupación, que detectamos xa nun foro que celebramos en Foz aló polo mes de marzo, saíu este ciclo de charlas que levaremos polos centros de FP da Mariña co obxectivo de contarlle á xente moza que aquí hai futuro, que hai demanda de man de obra e que tamén é posible emprender. Teñen que saber que non é preciso saír da Mariña para atopar un emprego. Na FCAM apostamos por asentar poboación nesta comarca. E unha forma de facelo é empezar por concienciar á xente nova”.
A presidenta da FCAM subliñou que “neste ciclo contaremos coa participación de directivos e traballadores de empresas da Mariña para que lles conten a súa experiencia aos estudantes de FP. Son elas e eles os que mellor o poden explicar. E xunto a eles estaremos tamén membros da directiva da FCAM”.
A primeira charla deste ciclo O futuro laboral na Mariña lucense terá lugar no CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, este xoves, 21 de novembro, ás 8:30 horas da mañá. Na mesma intervirán: María Novo, emprendedora ribadense que puxo en marcha Con Sentidiño; Iván Marrube, CEO de Loxística Reyco; e Carmen Cruzado, presidenta da FCAM.
O director do CIFP Porta da Auga, Isidro Berdeal, declarou que “cando a FCAM nos ofreceu a posibilidade de dar a coñecer ao noso alumnado as distintas alternativas de futuro laboral na comarca da Mariña, coa participación de representantes de empresas e institucións de sectores relacionados coa nosa oferta educativa, pareceunos moi interesante. O alumnado do CIFP Porta da Auga ten futuro laboral na Mariña e esta iniciativa pode axudar a visibilizar ese futuro, a asentar a poboación e a que sexan os futuros empresarios ou traballadores desta comarca”.
No acto de presentación participaron o director do CIFP Porta da Auga, Isidro Berdeal; Beatriz Trigo, a dinamizadora da relación con empresas na FP; e Carmen Cruzado, presidenta da FCAM.
A Federación de Comercio A Mariña conta con Loxística Reyco como empresa patrocinadora desta iniciativa. Carmen Cruzado agarda que “máis firmas se vaian sumando ao longo dos vindeiros meses a esta programación que vai continuar en xaneiro no IES de Foz”.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 


