Ribadeo, 21 de novembro de 2024. Esta mañá arrincou en Ribadeo o ciclo de charlas da FCAM sobre o futuro laboral na Mariña lucense. Están destinadas aos estudantes de FP aos que lles queren insistir en que “aquí hai futuro, que hai moita demanda de man de obra por parte das empresas, e que tamén nesta comarca é posible emprender”.
Alumnado dos segundos ciclos de Atención a Persoas en Situación de Dependencia, Electromecánica de Vehículos Automóbiles, Instalacións Eléctricas e Automáticas, Xestión Administrativa, Administración e Finanzas, Automoción, Mantemento de Vehículos, e Educación Infantil asistiron no CIFP Porta da Auga ao inicio deste ciclo de charlas no que María Novo, de Con Sentidiño; Iván Marrube, CEO de Loxística Reyco; e Carmen Cruzado, presidenta da FCAM, lles achegaron as súas experiencias laborais.
María Novo foi estudante do CIFP Porta da Auga e o seu proxecto de ocio educativo saíu do viveiro de empresas co que conta este centro. Esta emprendedora ribadense animounos a optar por esta posibilidade, sempre e cando teñan moi clara a súa vocación. Ela tivo claro desde o principio que o seu negocio o quería poñer en marcha en Ribadeo, e iso foi o que fixo hai sete anos.
Iván Marrube, CEO de Reyco, tamén falou do seu paso pola Formación Profesional, dos postos de traballo desenvolvidos en cidades como Lugo ou A Coruña e contoulles que sempre tivo moi claro que quería vivir e traballar na Mariña e que desde neno sempre lle chamou a atención a posibilidade de ser xefe. A súa recomendación foi moi directa: “soñar en grande e traballar duro” para conseguir os obxectivos que un se marca na súa vida profesional.
E Carmen Cruzado, presidenta da FCAM e tamén emprendedora, comentoulles que na Mariña lucense hai moita demanda de emprego en todos os sectores e practicamente en todas as profesións, que nesta comarca hai traballos moi dignos e que a calidade e o nivel de vida que hai aquí non é comparable á de grandes ou medianas cidades.
A presidenta da FCAM agradeceu a posibilidade de falar no CIFP Porta da Auga sobre o futuro laboral na Mariña lucense: “grazas ao seu director, Isidro Berdeal, e a Beatriz Trigo, dinamizadora da relación con empresas na FP, por permitirnos achegarnos aos estudantes do centro a contarlles a realidade que palpamos na rúa e que nos fan chegar as empresas ás que representamos”.
O ciclo sobre o futuro laboral na Mariña lucense seguirá ao longo do presente curso 2024/2025 por outros centros e localidades da comarca.





















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



